Ar fez est’outro cantar a ũu cavaleiro que dizia que era filho d’ũu ome e fazia-se chamar per seu nome, e depois acharon que era filho d’outren; e diss’assi.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 221 [= LPGP 328]); Lagares (2000: 147 [rúbrica]); Lopes (2002: 33); Littera (2016: I, 367).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 322); Braga (1878: 176); Machado & Machado (1958: VI, 67).
III. Antoloxías: Torres (1977: 134); Tavares & Miranda (1987: 347).
Rúbrica: d’ũu] duu B; seu] sen B
Texto:
1 cavaleiro] caualeyto B 2 Moniz] morriz V 3 Joanes] iohannes B; acharon] achaton BV
Rúbrica: ũu] um Littera; d’ũu] d’um Littera; e diss’assi] e diz assi Littera
Tamén fixo estoutro cantar a un cabaleiro que dicía que era fillo dun home e facíase chamar polo nome del, e despois souberon que era fillo doutro; e di así: «Vistes ...».
(I) Vistes o cabaleiro que dicía que era Joán Moniz? Mentía, pois descubriron que era Joán Joanes e quitáronlle todo canto traía; e tivo moita sorte aquel día en que escapou, que non o enforcaron.
Esquema métrico: 10’a 9’a 9’b 9’a 9’a 10’b (cfr. RM 28:1)
Encontros vocálicos: 5 ventura‿aquel
Joan Moniz alude a un personaxe sen identificar que se revela como un Joan Joanes, sen ningún renome máis alá dese frecuente patronímico.
A grafía latinizante <nn> en <ihoannes> de B (Joanes) volve aparecer, con variacións, noutras pasaxes: ano (<āno> BV) en 1331.10, antano (antāno B, antano V; cfr. lat. ante annum) en 1594.21; dano (<dapno> BV, 1340.3; <dāno> B, <dano> V, 1487.17; cfr. lat. damnum) ou dona (<Dom uꝯ> B, <Dom na> V, 1402.1; <dona> B, <dōna> V, 1480.r2 e v. 14; cfr. lat. domĭnam). En calquera caso, son formatos gráficos relacionados con outras grafías latinizantes que se rexistran nos cancioneiros, cales absconde, peccado, soffrer, monstrar (só presente en copias de B, véxase nota a 9.3), o grupo -sc- en verbos inicialmente incoativos (conhoscer, parescer, escaescer, falescer, nascer; véxase nota a 117.19) ou a frecuente conxunción copulativa <et>, entre outros exemplos posíbeis. E para alén destas formas aínda se poden ter en conta outras como <in> en (2.18, 1451.2, 1624.17) e <cum> con (91.1, 671.2 e 6), <expedir> espedir (809.1, 1126.15), ou <cōmo> como e similares (294.15, 882.24, 1329.10, 1334.16 etc.).