Outrosí fixo outra cantiga a unha dama de quen dicían que andaba de amores cun peón chamado Vela, e di así:

(I) Ouvín agora falar dunha dama que quero moito, aínda que nunca a vin, polo empeño que puxo en ser vixiada por unha muller que nunca fora gardada: por se gardar da mala fama, encerrouse e puxo garda sobre si.
(II) E aínda o fixo mellor por outra cousa que lle debemos agradecer máis: que a seu pai nunca lle gustou iso, nin llo mandou nunca; mais a pesar del e sen a súa aprobación, non se quere desfacer da garda que ten sobre sí.