I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 202 [= LPGP 258-259]); Pagani (1971: 166); Lopes (2002: 521); Littera (2016: I, 278).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 318-319); Braga (1878: 175); Machado & Machado (1958: VI, 55-56).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 304).
5 ajudar] auidar V 7 é cousa] cousa he B 11 quen] Queu B 13 en] eu V 14 cordura] tordura B 15 agarde] agᵃde V; postura] pestura B : pestura V 20 en] on V; dobras] dobrias B : trobras V
En Littera non existe refrán marcado tipograficamente na cantiga.
2 peito] feito Lapa 3 per ant’el á] perant’el ha Pagani 7 é cousa] cousa he Pagani : cousa é Lopes 15 se agarde] s’agarde Pagani : se aguarde Lopes, Littera
(I) Aínda que o rei prohibiu que ningún xuíz reciba pagamento do que perante el vaia a xuízo, vede o que eu ouvín: quen do Allo quere ser axudado, vende algo barato e dallo.
(II) Aínda que é cousa certa que o rei estabeleceu tal prohibición que non lle pesa a ningún bon xuíz, din que, encubertamente, quen do Allo quere ser axudado, vende algo barato e dallo.
(III) Aínda que para calquera que teña siso e cordura é admisíbel que se respecte tal disposición, vede o que di quen o sabe: quen do Allo quere ser axudado, vende algo barato e dallo, (1) en prata ou en moedas de pouco valor ou en dobras de ouro, nunha saquetiña.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= RM 160:446) + 7’c 7’c
Encontros vocálicos: 15 se‿agarde
Defeso é participio irregular de defender (reiterado tamén na cantiga 1340, do mesmo Estevan da Guarda), forma xeral fronte ao esporádico defendudo e defendido.
Téñase en conta que peito neste verso significa ‘paga, tributo’: é voz derivada do lat. pactum ‘acordo, convenio, pacto’, da familia lexical de peitar (véxase UC/Glosario, s.v.). Eis unha citación significativa:
Et el rrey dõ Fernando reçebeu dos alaraues seus tributos et seus peytos conpridos et bẽ parados (Crónica Geral Galega; CGPA, ed. R. Lorenzo).
Apreso é participio irregular de aprender (< apprehensum), verbo procedente do lat. apprehendere.
O xuíz corrupto Alho alude moi probabelmente a Joan Alho, correxedor de D. Pedro I de Portugal entre 1358 e 1362 na rexión da Beira (véxase Projeto Littera, s.v. Alho, e Marcenaro & González, 2024: s.v. Alho).
As rimas Alho : dá-lho do refrán combinan voces independentes con un conglomerado de verbo + pronome(s), do mesmo modo que soo – doo – negó-o (292.14-16), vi-as - dias – dirias (443.7-9), vi-a - averria – querria (807.8-14), dia - vi-a (1236.15-19), pao - dá-o - vao - mao; paa - dá-a - vaa – maa (1344.25-31, 26-32), as[s]eitou-me – er[r]ou-me (1638.10-11), e dun modo similar á cantiga 634.28-21 (u me – lume – queixume) e 1334.15-21 (ten o - pequeno - neno), ben as – pequenas (1437.4-5). Véxase Ferreiro (2021b).
Na lingua medieval convivían o latinismo defensa coa moi maioritaria forma defesa (628.8), evolución diverxente do lat. defensam, que tamén deu como resultado patrimonial devesa; de calquera modo, a variante defensa está en liña co sinónimo defenson (3.14, 171.15, 601.9 etc.), sen palatalización inducida por iode, como en prijon (vs. prison), derivado do lat. defensiōnem.
Como acontece con frecuencia, a maioría dos editores optan pola variante (a)guardar fronte (a)gardar, por máis que sexa prioritaria a lección de AB ou, mesmo, lección unánime dos manuscritos. Cfr. nota a 28.16.
Na pasaxe, retalho (un anaco, especialmente de tea) parece adquirir o significado de ‘moedas de pouco valor’, ao tempo que bisalho (prob. de *bisaccŭlum, de bis- + dim. de saccus) era unha bolsa ou saquiño utilizada para gardar pequenas cousas de valor.