1126 [= Tav 133,5]
Senhor fremosa, vou-m’alhur morar

Senhor fremosa, vou-m’alhur morar,
per boa fe, muit’a pesar de mí
porque vos pesa de viver aqui;
por én faç’eu dereit’en mi pesar:
que grave coita, senhor, d’endurar!
And’u vos vej’e non posso guarir;
demais, aver-me de vós a partir!
Vej’eu, senhor, que vos faç’i prazer,
mais faç’a mí mui gran pesar por én:
viver sen vós, ai meu lum’e meu ben!
Pero non sei como possa seer:
que grave cousa, senhor, de sofrer!
And’u vos vej’e non posso guarir;
[demais, aver-me de vós a partir!]
Ja [eu, senhor], mi vos espedirei
atá que Deus vos meta en coraçon
que me queirades caber a razon,
pero sei ben que pouco viverei:
que grave cousa que de sofrer ei!
And’u vos vej’e non posso [guarir;
demais, aver-me de vós a partir!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1123, V 715

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 505-506 [= LPGP 870]); Tato Fontaíña (2007: 27); Littera (2016: II, 407-408).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 252); Braga (1878: 137); Machado & Machado (1956: V, 185-186).

Variantes manuscritas


1 m’alhur] mha lhur V   9 faç’a] faca B : faza V; gran] g̃ra B   13 posso] possa B   15 espedirei] expederey V   16 Deus] des V

Variantes editoriais


1 m’] mi Nunes   3 de] d’e[u] Nunes, Littera   15 eu] mha Nunes   16 meta] met(a) Nunes   17 caber] saber Nunes

Paráfrase


(I) Señora fermosa, voume a outro lugar morar, certamente moi contra a miña vontade, porque vos causa pesar que eu viva aquí; por iso fago ben en sentir pesar: que mágoa difícil de soportar, señora! Ando onde vos vexo e non podo vivir; e por riba terme que afastar de vós!

(II) Vexo eu, señora, que con iso fago algo do voso agrado, mais cáusome a min un pesar moi grande por iso: vivir sen vós, ai miña luz e meu ben! Pero non sei como iso pode ser (posíbel), que cousa tan difícil de soportar, señora! Ando onde vos vexo e non podo vivir; e por riba terme que afastar de vós!

(III) Xa eu me despedirei de vós, señora, até que Deus vos faga ter vontade de me quererdes aceptar a razón, aínda que ben sei que hei vivir pouco: que cousa tan grave terei de sufrir! Ando onde vos vexo e non podo vivir; e por riba terme que afastar de vós!
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= Tav 139:8)

Encontros vocálicos: 16 meta‿en

Notas


Texto
  • 1

    Perante a dupla posibilidade de escolla no relativo áo pronome (me B / mi V), ambas as dúas correctas, concedemos prioridade ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

  • 15

    A reintegración de tres sílabas neste verso é feita en consonancia co sentido e co verso inicial da estrofa II (v. 8): Vej’eu, senhor, que vos faç’i prazer - Ja [eu, senhor], mi vos espedirei (v. 16).

    A grafía <expedirey> de V (tamén 809.1 <expedir> en V) é unha mostra da existencia de indicios de influencia da escrita en latín en certas grafías e/ou formas que aparecen con máis ou menos profusión nos cancioneiros: así, por exemplo, <obscuro> V, <oscuro> B (1483.2) ou <dapno> BV (1340.3), entre outras moitas. Cfr. nota a 63.2.

  • 17

    A substitución de caber por saber (Nunes) non é xustificada, embora o verbo caber ‘admitir, aceptar’, acepción axeitada para este contexto, fose pertinazmente substituído por saber noutras cantigas e por outros editores (véxase 32.27, 827.10, 1377.21, 1583.27, 1671.17); neste sentido, é de subliñar a existencia desta acepción nas Cantigas de Santa Maria, por exemplo (véxase Mettmann 1959-1972: s.v. caber). Véxase, tamén, González González (2006: s.v. cabelo).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado