(I) Señora fermosa, voume a outro lugar morar, certamente moi contra a miña vontade, porque vos causa pesar que eu viva aquí; por iso fago ben en sentir pesar: que mágoa difícil de soportar, señora! Ando onde vos vexo e non podo vivir; e por riba terme que afastar de vós!
(II) Vexo eu, señora, que con iso fago algo do voso agrado, mais cáusome a min un pesar moi grande por iso: vivir sen vós, ai miña luz e meu ben! Pero non sei como iso pode ser (posíbel), que cousa tan difícil de soportar, señora! Ando onde vos vexo e non podo vivir; e por riba terme que afastar de vós!
(III) Xa eu me despedirei de vós, señora, até que Deus vos faga ter vontade de me quererdes aceptar a razón, aínda que ben sei que hei vivir pouco: que cousa tan grave terei de sufrir! Ando onde vos vexo e non podo vivir; e por riba terme que afastar de vós!