111 [= Tav 104,3 (= 135,1)]
Par Deus, Dona Maria, mia senhor ben-talhada

Par Deus, Dona Maria, mia senhor ben-talhada,
do ben que vos eu quero non entendedes nada,
nen do mal nen da coita que por vós ei levada;
e entend’eu mui ben o mal que mi queredes:
o ben que vos eu quero, vós non o entendedes,
e entend’eu e sei o mal que me queredes.
Non á, Dona Maria, nulh’omen, que soubesse
o ben que vos eu quero, que doo non ouvesse
de min, e choraria, se dereito fezesse,
[e entend’eu mui ben] o mal que mi queredes:
o ben que vos eu quero, vós non o entendedes,
[e entend’eu e sei o mal que me queredes].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 140

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 773 [= LPGP 677]); González (2016: 442); Littera (2016: II, 418).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 54); Machado & Machado (1949: I, 199); Rios Milhám (2017: I, 111).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 30); Piccolo (1951: 17).

Variantes manuscritas


1 talhada] calhada B   3 que] que eu B   7 nulh’omen] nullomē B

Variantes editoriais


Michaëlis, o mesmo que Littera, non considera parte do refrán o v. 4 (e o v. 101), xa que segue a indicación de Colocci, que introduce a marca do refrán a partir do v. 5.

2 vos] vus Michaëlis   3 que] qu(e) eu Michaëlis   5 vos] vus Michaëlis   8 vos] vus Michaëlis   10 [e entend’eu mui ben]] [porque vus quero ben] Michaëlis : om. Littera   11 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Por Deus, Dona María, miña señora ben feita, non entendedes nada do ben que vos eu quero, nin do mal nin da coita que por vós levei; e entendo eu moi ben o mal que me queredes: vós non entendedes o ben que vos eu quero, e eu entendo e sei o mal que me queredes.

(II) Non hai, Dona María, ningún home que soubese o ben que vos eu quero que non tivese dó de min, e choraría, se obrase xustamente, e entendo eu moi ben o mal que me queredes: vós non entendedes o ben que vos eu quero, e eu entendo e sei o mal que me queredes.
 

Métrica


Esquema métrico: 2 x 13’a 13’a 13’a 12’B 12’B 12’B (cfr. Tav 19:3, 220:1, 237:1)

Encontros vocálicos: 3 *que‿eu; 5 o‿entendedes; 11 o‿entendedes

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é tamén atribuída a Nun’Eanes Cerzeo.

  • 1

    A citación expresa do nome da amada vai contra unha das regras do amor cortés, a do segredo amoroso. Na poesía galego-portuguesa poden encontrarse casos de incumprimento desta norma en distinto grao, desde cantigas de amor lixeiramente heterodoxas por este motivo, como esta de Pero Velho, até cantigas de escarnio que parodian a retórica do amor cortés. Algúns outros casos con distintos graos de heterodoxia achámolos, por exemplo, nas cantigas 124 (Paai Soarez de Taveiroos), 149 (Anónima?), 309 (Roi Paez da Ribela), 383 (Afonso Sanchez), 429 (Pero Viviaez), 996 (Vaasco Rodriguez de Calvelo) ou 1427 (Joan Soarez Coelho).

  • 3

    Para a correcta medida do verso é necesaria a expunción do pronome eu, que converte en hipermétrico o verso (nótese a indicación de crase de que en Michaëlis) e que con frecuencia aparece espuriamente introducida no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7. Téñase en conta, ademais, que o paralalelismo construtivo na cantiga (eu no v. 2 de cada estrofa, ausente no v. 3) indica que o debemos omitir. Máis aínda, ao longo do corpus as construcións do tipo coita que por vós + aver / sofrer / levar nunca presentan o suxeito antecedendo o verbo: da gran cuita que por vós ei (90.26); nen me val coita que por vós sofri (138.27); nen mui gran coita que por vós levei (261.4); e a gran coita e o grand’afan, / ..., / que por vós sofro (280.4); a gran coita que por vós ei, senhor (636.5); que sab’a coita que por vós sofri (814.13); ena coita d’aqui / que por vós ei (926.17).

  • 7

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 10

    A primeira parte do verso, que consideramos refrán e pode, por tanto, ser perfectamente reintegrado a partir do v. 4, foi suplida por unha conxectura en Michaëlis, que seguiu fielmente as (erradas) marcas coloccianas para o refrán, mentres que en Littera se mantén o carácter fragmentario do verso

  1. ^

    En Littera, este verso aparece como fragmentario, neste caso tipograficamente marcado como refrán.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado