1115 [= Tav 86,7]
Par Deus, senhor, muit’aguisad[o] ei

Par Deus, senhor, muit’aguisad[o] ei,
des quando m’ora eu de vós quitar,
de vos veer mui tard’, a meu cuidar,
por ũa ren que vos ora direi:
ca non sera tan pequena sazon
que sen vós more, se Deus mi perdon,
que mi non seja mui grand’, e o sei.
E, mia senhor, nunca cedo verrei
u vos veja des que m’ora partir
de vós, mia senhor, e vos eu non vir;
mais con tal coita como viverei?
Ca, se un dia tardar u eu for
u vos non vir, ben terrei, mia senhor,
que á un an’ou máis que ala tardei.
E, mia senhor, por que me coitarei
de viir cedo, pois mi prol non á?
Ca, se veer logo, tardi sera,
e por esto nunc’a ced’acharei,
ca, se un dia en meos meter
que vos non veja, log’ei de teer
que á mil dias que sen vós morei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1113, V 704

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 497-498 [= LPGP 587]); Littera (2016: II, 43-44).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 248); Braga (1878: 134-135); Machado & Machado (1956: V, 164-165).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 76); Arias Freixedo (2003: 578-579).

Variantes manuscritas


6 perdon] pardō B   7 grand’, e] grãde B   8 verrei] veirey B   13 u] E hu B : e hu V; terrei] teirey B   15 mia] nha BV   19 un] \h/un V

Variantes editoriais


7 e o sei] e[u] o sei Littera   13 u] e hu Nunes   18 nunc’a] nunca Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Por Deus, señora, moi ben disposto está, desde que eu me afaste agora de vós, para que vos volva ver moi tarde, na miña opinión, por unha razón que agora vos direi: porque non haberá un período de tempo tan pequeno que eu more sen vós, así Deus me perdoe, que non me resulte moi grande, e seino.

(II) E, miña señora, nunca virei cedo a onde vos vexa desde que agora me afastar de vós, miña señora, e non vos vir; mais como vivirei con tal coita? Porque se un día tardar cando eu for onde non vos vexa, ben me parecerá, miña señora, que hai un ano ou máis que alá me demorei.

(III) E, miña señora, por que me aflixirei por vir cedo, pois non me ten prol? Pois se viñer logo, será tarde, e por isto nunca a encontrarei cedo abondo, pois se contase de menos un día en que non vos vexa, logo hei pensar que hai mil días que sen vós vivín.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:59)

Encontros vocálicos: 14 á‿un

Notas


Texto
  • 6

    A diferenza de Nunes e Littera, segmentamos a copulativa en mor’e, de modo que fican ligadas sintacticamente as dúas cláusulas que funcionan como CD de direi (vv. 6-7).

    A forma pardon, de B, semella aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Non obstante, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 7

    Ao longo do corpus trobadoresco profano aparece con frecuencia a frase formularia de tipo aseverativo e o sei, variación da máis xeral eu o sei (cun ton enfático que explica a próclise pronominal), que aínda conta con outras fórmulas expresivas moi similares (sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc.). Cfr. nota a 301.6. Neste caso é Littera a edición que emenda esta unidade fraseolóxica para a acomodar á expresión maioritaria.

  • 13

    Para alén da interdita sinalefa coa copulativa (*e‿u), a presenza da conxunción e transmitida en BV non ten moito sentido. É por isto que se debe expunxir a conxunción, que con algunha frecuencia ten unha presenza espuria no inicio de verso (véxase, por exemplo, 1076.7).

  • 17

    A vogal final -i de tardi (tamén en 1115.17, 1399.19, 1430.34), a convivir con tarde (só en 573.3 e 1115.3), tamén aparece nos adverbios eiri (véxase nota a 114.9) e longi (véxase nota a 33.6). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).

  • 18

    É necesaria a segmentación de a en nunc’a para facer patente o CD de acharei (a prol).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado