1113 [= Tav 51,4]
[...] meu trobar

[............................................ -er
...............................] meu trobar
mi muitas vezes oiron loar,
e non lhis quer’eu máis desto dizer:
é mia senhor e parece mui ben,
mais non é senhor de mi fazer ben.
Teen-m’en tal coita que nunca vi
om’en tal coita, pero o preit’est’é:
que lhis diga por quen trob’e quen é;
e, meus amigos, digo-lhis assi:
é mia senhor e parece mui ben,
[mais non é senhor de mi fazer ben].
Preguntan-m’, e non sei en qual razon,
que lhis diga quen ést’a que loei
en meu trobar sempre quando trobei;
e digo-lhis eu, se Deus mi perdon:
é mia senhor e parece mui ben,
[mais non é senhor de mi fazer ben]
porque non quer, ca, se lhi prouguess’én,
non mi verria quanto mal mi ven.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1111bis, V 702

En V falta a estrofa I enteira.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 493-494 [= LPGP 341]); Littera (2016: I, 383).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 248); Braga (1878: 134); Machado & Machado (1956: V, 161).

Variantes manuscritas


1-6 om. V   8 pero o] po q̅o BV   10 amigos] amigus V   13 Preguntan] Pregūta B   14 quen est’] (pe) quē (trobe quē) est B   15 quando] qūdo B: ꝙ̄do V   16 Deus] des V; perdon] pardō B   19 se] (s)se V   20 verria] veiria B

Variantes editoriais


1-2 [Meus amigos queren de min saber / quen é a senhor que en] meu trobar Nunes   7 teen] têm Littera   8 pero] per(o) Nunes   10 e] a Nunes, Littera   13 Preguntan-m’, e] Preguntan-me Nunes, Littera

Paráfrase


(I) [...] meu trobar me ouviron louvar moitas veces, e eu non lles quero dicir máis que isto: é a miña señora e é moi fermosa, mais non é señora de me facer ben.

(II) Téñenme en tal tal coita que nunca vin ninguén estar en coita tal, aínda que a cuestión é esta: (queren) que lles diga por quen trobo e quen é; e, meus amigos, dígolles así: é a miña señora e é moi fermosa, mais non é señora de me facer ben.

(III) Pregúntanme, e non sei por que razón, que lles diga quen é a que louvei sempre no meu trobar, cando trobei; e dígolles eu, así Deus me perdoe: é a miña señora e é moi fermosa, mais non é señora de me facer ben (1) porque non quere, pois, se iso lle prouguese, non me viría todo canto mal me vén.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:69) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 8 pero‿o

Notas


Texto
  • 8

    A única maneira de evitar a hipermetría versal é a expunción de que, desnecesario no verso, de modo que se produza a sinalefa peroo. Cfr. nota a 486.21.

  • 10

    Tanto Nunes como Littera emendan levemente a lección dos manuscritos, convertendo a copulativa inicial na preposición a, de modo que ‘normalizan’ a expresión coa partícula para introducir o complemento indirecto. Porén, máis do que un complemento indirecto (con anacoluto sintáctico), meus amigos debe ser un vocativo, moi habitual nas cantigas de amor. O trobador diríxese a eles cun vocativo para lles contar o que ten que dicir aos que lle veñen preguntar quen é a señora que ama e pola que troba: «…e, meus amigos, (aos que me preguntan) dígolles así: /…».

    Por outra banda, é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 13

    Xulgamos que a segmentación da copulativa proporciona un ritmo máis acompasado ao verso, evitando pausas e rupturas na súa elocución.

  • 16

    A forma pardon, de B, semella aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Non obstante, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado