1086 [= Tav 121,16]
Senhor fremosa, des aquel dia

Senhor fremosa, des aquel dia
que vos eu vi primeiro, des enton
nunca dormi com’ante dormia
nen ar fui led’, e vedes por que non:
cuidand’en vós, e non en outra ren,
e desejando sempr’o vosso ben.
E sabe Deus e Santa Maria
ca non am’eu tant’al no coraçon
quant’amo vós, nen ar poderia,
e, se morrer por én, farei razon
cuidand’en vós, [e non en outra ren,
e desejando sempr’o vosso ben].
E ant’eu ja [a] morte querria
ca viver com’eu viv’á gran sazon,
e mia morte melhor mi seria
ca viver máis, assi Deus mi perdon,
cuidand’en [vós, e non en outra ren,
e desejando sempr’o vosso ben],
ca vós sodes mia coita e meu ben,
e per vós ei quanta coita mi ven.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1083, V 675

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 450-451 [= LPGP 801]); Reali (1964: 77); Fernández Campo (2012: 89); Littera (2016: II, 320).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 238); Braga (1878: 129); Machado & Machado (1956: V, 112).
III. Antoloxías: Torres (1977: 82); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 183); Ferreiro (2023: 29).

Variantes manuscritas


5 en ... en] eu ... eu B   7 Santa] sancta V   8 no coraçon] eno coracon B : e no coraçō V   10 morrer] moirer B   11 en] eu B : e V   13 querria] queiria B : q̅irya V   14 com’eu] cōmen B   15 seria] serai V   17 en] eu B

Variantes editoriais


2 vos] vus Reali   8 ca] que Reali; no] eno Reali, Fernández Campo   13 ja [a] morte] ja [mha] morte Nunes : ja morte Fernández Campo : já [mia] morte Littera   17 cuidand’] cuydando Reali   20 per] por Nunes, Reali

Paráfrase


(I) Señora fermosa, desde aquel día en que vos vin por vez primeira, desde entón nunca durmín como antes durmía nin tampouco estiven ledo, e vede por que non: pensando en vós, e non noutra cousa, e desexando sempre o voso ben.
(II) E Deus sabe, e Santa María, que eu non amo tanto ningunha outra cousa no meu corazón como vos amo a vós, nin tampouco podería, e se morro por iso farei ben pensando en vós, e non noutra cousa, e desexando sempre o voso ben.
(III) E antes querería eu xa a morte que vivir como eu vivo desde hai moito tempo, e a miña morte mellor me sería que vivir máis, así Deus me perdoe, pensando en vós, e non noutra cousa, e desexando sempre o voso ben, (1) porque vós sodes a miña coita e o meu ben, e por vós teño canta coita me vén.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 9’a 10b 10C 10C (= Tav 99:41) + 10c 10c

Notas


Texto
  • 8

    O verso, tal como foi transmitido por BV, é hipermétrico a partir da presenza de eno (coraçon). Ora ben, os datos tirados dos erros e da variación nos cancioneiros mostran como a aglutinación eno debe ser emendada para no. Por unha banda, son varias as pasaxes en que se detecta a mesma confusión (16.4, 99.18, 1588.20 etc.), mesmo en contextos en que non pode existir dúbida sobre tal emenda: a repetición paralelística en 813.11 esixe a emenda das leccións <ēno> B, <enō> V para no (Briosas van no navio). Por outra parte, a concorrencia (inversa) das leccións <eno> A / <no> B é frecuente ao longo do corpus: 66.9, 164.12, 227.4, 278.21, 355.8.

  • 9

    O pronome persoal oblicuo vós, tónico, aparece como complemento directo sen preposición (amo vós), construción frecuente na lírica trobadoresca.

  • 10

    Existen dúas posibilidades de puntuación neste verso, de modo que por én pode ser ligado a morrer (Nunes, Fernández Campo) ou a farei razón (Reali). Os datos do corpus levan á primeira posibilidade: e, se morrer por én, gran dereit’é (807.10); se eu a molher oje quero ben / senon a vós, quero morrer por én (938.r2); ouvi a morrer por én, / cuidand’, amiga, qual era melhor (943.10) etc.

  • 13

    A restauración do artigo de morte, omitido na copia por contigüidade (ja [a] morte), aparece como posesivo en Nunes e Littera (ja [mha] morte) e foi directamente omitido na edición de Fernández Campo.

  • 14

    A forma <cõmo> de B, mostra un formato latinizante que aparece esporadicamente nesta conxunción nos apógrafos italianos, mais que é moi frecuente na prosa galego-portuguesa. Véxase nota a 63.2.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado