I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 402-403 [= LPGP 639]); Littera (2016: II, 114).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 229); Braga (1878: 123-124); Machado & Machado (1956: V, 61-62).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 195-196); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 135).
2 os] om. V 5 poden] podẽ V 6 vos] nꝯ V 8 vossos] uossus V 10 ventura] uentᵉa V 14 vossos] uossus V; nen o] ueno V; coraçon] coracon B 16 creed’esto] cres desto B; Deus] des V 17 poden] podeu V 19 non] om. B
15-16 mia senhor, non / atend’end’al] mia senhor, / nom atend’end’al Littera 19 [E], pois que al non desejan veer] Pois que al non desejan [a] veer Nunes 20 vós] vos Littera
(I) Señora, xa non podo de forma ningunha afastar os meus ollos dos vosos, e, pois así é, que agora han de ir a onde non vos vexan, sei eu moi ben que, cando non vos ven, os meus ollos non poden ver (ter) o pracer de ver outra cousa.
(II) E eu non podo afastar os meus ollos deses vosos, que viron para o meu mal, e aínda que eu non espero outra cousa a respecto diso, tal foi a ventura que Deus me quixo dar que, cando non vos ven, os meus ollos non poden ver (ter) o pracer de ver outra cousa.
(III) E eu non podo afastar os meus ollos deses vosos nin (afastar) o meu corazón nunca de vós, e xa que, miña señora, non espero outra cousa sobre iso, crede isto (que vos digo), por Deus: que, cando non vos ven, os meus ollos non poden ver (ter) o pracer de ver outra cousa.
(1) E xa que non desexan ver outra cousa, Deus lles vos mostre cedo para o seu pracer.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160: 177) + 10c 10c
Enténdase: ‘sei moi ben que, cando non vos ven, os meus ollos non poden sentir pracer de ver outra cousa’.
A reintegración do artigo para completar a medida decasilábica do verso é indicada pola súa presenza no mesmo sintagma os meus olhos no v. 2 e mais no primeiro verso do refrán, para alén de os olhos meus no v. 13.
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<uossus>, vv. 8, 14); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
A frecuente omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, permítenos neste caso restaurar a isometría versal tanto neste v. 13 como no v. 19, o primeiro da fiinda. Véxanse casos semellantes no inicio de estrofa en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13 etc.; e en fiindas, 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1020.19, 1051.19, 1057.19.
Nótese o lapso na segmentación versal que se produciu na edición de Littera.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: