I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 752-753 [= LPGP 679-680]); Littera (2016: II, 165); González (2018: 75).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 48); Machado & Machado (1949: I, 184-185); Rios Milhám (2017: I, 102).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 133-134).
8 roguei] roguei ia B 10 pois ja non] poys [ ] nō B 11 faça faca B; plazer] plaz’r B
8 E] Ca Michaëlis, Littera 10 pois ja] [e] pois Michaëlis, Littera : pois [eu] González 11 plazer] prazer Michaëlis 16 é] ei Michaëlis : hei Littera : e[i] González 17 vos] vus Michaëlis; min] mi Michaëlis, Littera, González 24 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis 25 vos] vus Michaëlis 26 me] mi Littera
(I) Señora, non vos podo falar máis desta coita que teño, e, xa que vós así o queredes, quéroa eu sufrir toda, e Deus me axude, se quixer, pois eu xa non llo rogarei, pois vexo que non me vale de nada.
(II) E moitas veces llo roguei e nunca me quixo auxiliar: xa que non podo facer outra cousa a respecto diso, faga de min a súa vontade, e Deus me axude, se quixer, pois eu xa non llo rogarei, pois vexo que non me vale de nada.
(III) E aínda que eu vexo o meu mal e a miña morte, de que teño medo, amareivos moito máis que a min mesmo mentres estiver vivo, e Deus me axude, se quixer, pois eu xa non llo rogarei, pois vexo que non me vale de nada.
(IV) E xa que contra vós non me axuda Deus nin a mesura nin o amor que vos eu teño desde que vos vin, amareivos sempre, señora, e Deus me axude, se quixer, pois eu xa non llo rogarei, pois vexo que non me vale de nada.
Esquema métrico: 8a 8b 8c 8b 8D 8A 8D (I, II [= RM 232:1]) + 8a 8b 8c 8b 8D 8E 8D (III, IV [= RM 253:1; outra posibilidade: RM 48:1])
Encontros vocálicos: 7 mi‿á; 14 mi‿á; 21 mi‿á
Consideramos innecesaria e errada a emenda de Michaëlis (seguida en Littera), que rompe a sistemática presenza da copulativa no inicio de todas as estrofas a partir da primeira.
En B ficou en branco o espazo correspondente a ja, que aparece copiado no final do v. 8. Porén, as anteriores edicións desconsideran ja e restauran a isometría con e (Michaëlis, Littera) ou con eu (González).
Fronte ao xeral prazer (nome e/ou verbo) este verso rexístrase a variante plazer, sen dúbida minoritaria en relación a prazer (véxanse tamén 7.44, 20.23, 62.3, 412.29, 924.3 e 1624.1, así como a variante de V en 576.2). Esta variante fonética para o tratamento do grupo latino pl- debe ser relacionada coa evolución doutros grupos, como cl- e fl-, que, para alén do resultado [ʧ͡], ofrecen, nalgúns vocábulos, como resultado diverxente, a solución rotatizada cr-, pr- e fr-; neste sentido, convén insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións cr-/cl-, pr-/pl- e fr-/fl- pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón do xeral preito, achamos un caso de pleito (434.13) e mais o sistemático planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23); por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).
A pesar da frecuencia da construción aver pavor de (cfr. Glosario, s.v. pavor), coa rexencia encuberta no pronome relativo onde, consideramos desnecesaria a emenda de é a prol de ei realizada por Michaëlis e os seguintes editores e que ten unha clara continuación en 282.4, onde a editora xermano-portuguesa volve optar pola lección ei de B en vez da lección é de A.
A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.
A variación mi ~ me no refrán (mi I-III vs. me IV) debe ser contemplada no conxunto doutras moitas variantes lingüísticas e/ou estilisticas que se achan nos refráns das cantigas, e nomeadamente nos pronomes persoais (me~mi, lhe~lhi, se~xe...). Cfr. nota a 27.4.
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: