I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 156 [= LPGP 88]); Cohen (2003: 226); Lorenzo Gradín (2008: 116); Littera (2016: I, 48).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 133); Braga (1878: 65); Machado & Machado (1953: IV, 38).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 17-18); Torres (1977: 64); Jensen (1992: 6); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 12); Magalhães (2007: 94).
2-3 i / o meu] hiº / meu B 4 Deus] des V 8 mias] mays BV 11 lazerar] laz’rar V 14 queimei] q̅ymar BV 17 lazerar] laz’rar V
6 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera 7 fui eu [i] chorar dos olhos] fui eu chorar [destes] olhos Nunes 10 ‘dusse] dusse Nunes, Lorenzo Gradín 12 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera 14 candeas queimei] candeas queimar Nunes : [e] candeas queimei Cohen : e candeas queimei Littera 18 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera
(I) Fun eu fermosa facer oración, non pola miña alma, mais por ver alí o meu amigo; e, xa que non o vin, vede, amigas, así Deus me perdoe: é de xustiza que sufra por iso, pois el non veu, e que non reciba o meu ben, (II) porque eu fun alí chorar, miñas amigas, e queimar candeas, non pola miña alma, senón por o achar a el; e, pois non veu nin Deus o trouxo, é de xustiza que sufra por iso, pois el non veu, e que non reciba o meu ben.
(III) Fun eu rogar moito a Noso Señor: non queimei candeas pola miña alma, senón por ver o que moito amei sempre, e non veu o meu traidor: é de xustiza que sufra por iso, pois el non veu, e que non reciba o meu ben.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:6)
A reintegración do adverbio i efectuada por Cohen (cfr. mais que viss’eu i / o meu amigo, v. 2) e aceptada nas edicións posteriores restaura a isometría versal, en face de Nunes, que a conseguiu coa emenda de dos en prol de destes.
Exactamente o mesmo erro <mays>/<mias> (amigas) rexístrase en dúas pasaxes dunha cantiga de amigo de Pero d’Armea (1222.10 e 14).
É importante a utilización gráfica do apóstrofo para indicar a crase que se produce na secuencia o adusse (> o ‘dusse), pois non existe unha forma duzer concorrente con aduzer (as únicas ocorrencias de tal forma aferética só se achan na Demanda do Santo Graal, onde se rexistran duzem, dusse ~ dussi, dusserom, dussesse e dusseres; véxase CGPA, s.v.).
Neste verso existe un erro de copia delatado pola rima, tal como xa Monaci advertiu nas Note á súa transcrición paleográfica (p. 433): é necesaria a emenda de <q̅ymar> en prol de queimei, para a rima con amei (v. 15). Non obstante, Nunes respecta a errada lección manuscrita, mentres que Cohen (e Littera) emenda o erro rimático, mais introduce unha desnecesaria copulativa que considerou necesaria por non segmentar coa puntuación os vv. 13 e 14:
Fui eu rogar muit’ a Nostro Senhor
non por mha alma <e> candeas queimei.
Nótese a ambigüidade achegada pola cualificación de «meu traedor» que a amiga lle atribúe ao amigo, que non acode á cita. Esta expresión meu traedor constitúe un singular sintagma que se rexistra no corpus sempre aplicado ao amigo:
Oi dizer, por me fazer pesar,
amades vós outra, meu traedor (815.8, Fernan Velho)Rog’eu Santa Cecilia e Nostro Senhor
que ach’oj’eu i, madr’, o meu traedor (1292.17, Martin de Giinzo).
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: