1048 [= RM 63,30 (= 63,78)]
Foi-s’o meu amigo a cas d’el-rei

Foi-s’o meu amigo a cas d’el-rei
e, amigas, con grand’amor que lh’ei,
quand’el veer, ja eu morta serei;
mais non lhe digan que morri assi,
ca, se souber com’eu por el morri,
sera mui pouca sa vida des i.
Por nulha ren non me posso guardar
que non moira ced’e con gran pesar;
e, amigas, quand’el aqui chegar,
non sábia per vós qual mort’eu prendi,
ca, se souber com’eu por el morri,
[sera mui pouca sa vida des i].
Eu morrerei cedo se Deus quiser;
e, amigas, quand’el aqui veer,
desmesura fara quen lhi disser
qual mort’eu filhei des que o non vi,
ca, se souber com’eu por el morri,
[sera mui pouca sa vida des i].
Ja non posso de morte guarecer;
mais, quando s’el tornar por me veer,
non lhi digan como m’el fez morrer
ante tempo porque se foi d’aqui,
ca, se souber com’eu por el morri,
sera mui pouca sa vida des i.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1044, V 634; B 1048, V 638

Na primeira copia da composición nos cancioneiros italianos (B 1044, V 634) falta a estrofa IV. A copia do derradeiro refrán en V’ foi feito como se se tratase dunha fiinda.

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 293-294); Rodríguez (1980: 261); Cohen (2003: 579); Littera (2016: I, 464-465).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 225, 226-227); Braga (1878: 121-122, 122); Machado & Machado (1956: V, 50-52); Fernández Pousa (1959: 267, 271 [= LPGP 386]).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 333); Álvarez Blázquez (1975: 34); Pena (1990: 111-112); Diogo (1998: 223-224).

Variantes manuscritas


1 Vay meu amigo morar con el Rey B’ : Vay meu amigo morar cō el rey V’   2 amigas] amiga B’V’; grand’amor] grad amor BV   3 eu] ey B   4 lhe] lhi B’V’; morri assi] moirassy B : moirassi V : moiri assy B’   5 morri] moiry B’   6 des i] đsi V   7 Por nulha ren non me posso] Nen de morte nono pode B’V’   8 moira] morra V; ced’e con gran pesar] ced engrā pesar B : ced en ꝯ grā pesar V; con] om. B   9 e amigas] Camigas B : camigas V : E amiga B’ : eamiga V’   10 qual] q̅l V; eu] en B; quand'el] quaudel B   11 morri] moiri B’   13 Eu] E eu B’V’; morrerei] moirerey BB’   14 e amigas] camigas V : E amiga B’ : e amigo V’; quand’el aqui] qwd el a q̅ V : quaudel B   15 fara] dira BV; quen] que B : q̅ V   16 qual] ꝙ̄ B : q̅r V; o non vi] emē euu B : a non V   19-24 om. BV   21 morrer] moirer B’   23 morri] moiri B’

Variantes editoriales


4 lhe] lhi Rodríguez   7 Por nulha ren] Nen de morte Cohen   15 fara] dirá Littera

Paráfrasis


(I) Foise o meu amigo para a corte do rei e, amigas, co grande amor que lle teño, cando el voltar, eu xa morta estarei; mais non lle digan que morrín deste xeito, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.

(II) De ningunha maneira podo evitar morrer cedo e con gran sufrimento; e, amigas, cando el chegue aquí, que non saiba por vós que morte sufrín, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.

(III) Eu morrerei cedo, se Deus quixer; e, amigas, cando el aquí chegue, quen lle diga a morte que tiven desde o momento en que non o vin cometerá desmesura, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.

(IV) Xa non podo librarme da morte; mais, cando el regrese para me ver, non lle digan como el me fixo morrer antes de tempo ao marchar de aquí, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10a 10a 10b 10B 10B (= RM 19:16)

Encontros vocálicos: 10 sá·bi͜a

Notas


Texto
  • 1-2

    A dupla transmisión da cantiga exhibe unha diverxencia no inicio da composición a través do uso do tempo pretérito no incipit e mais na interlocución plural (amigas), que contrasta co tempo presente e o singular amiga da segunda copia: Foi-s’o meu amigo a cas d’el-rei / e, amigas, ... vs. Vai meu amigo morar con el-rei e, amiga, ...

  • 4

    Nótese como a lección moir’assi de BV implica hipometría.

  • 7

    Neste verso volve aparecer unha nova redacción diverxente entre as dúas copias, con sutís mudanzas e adaptacións:
              ​​​​​​​Por nulha ren non me posso guardar
    ​​​​​​​          que non moira ced’e con gran pesar.

    Eis a segunda versión:
    ​​​​​​​          Nen de morte non o pode guardar
              que non moira ced’én con gran pesar.

  • 13

    De novo unha dupla transmisión (cfr. 1027.14 e 19) mostra con que facilidade aparece adventiciamente (ou, á inversa, é omitida) a conxunción copulativa, e moi especialmente no inicio de verso. Véxase nota a 1.37-40.

  • 15

    Talvez a presenza de dira en BV obedece a un lapso por atracción fonética da consoante dental de desmesura e a presenza de disser no final do verso: desmesura fara/*dira quen lhi disser.

Buscar
    Sin resultados