[last revised: 04/08/2021]Print

698 [= Tav 79,21]
Falei un dia, por me baralhar

Falei un dia, por me baralhar
con meu amigo, con outr’u m’el visse,
e direi-vos que lhi dix’u m’el disse
por que lhi fezera tan gran pesar:
«Se vos i, meu amigo, pesar fiz,
non foi por al senon porque me quix».
Por baralhar con el, e por al non,
falei con outr’en tal que o provasse,
e pesou-lhi máis ca se o matasse,
e preguntou-m’e dixi-lh’eu enton:
«Se vos i, meu amigo, pesar fiz,
[non foi por al senon porque me quix]».
Ali u eu con outr’ant’el falei
preguntou-m’ele por que lhi fazia
tan gran pesar ou se o entendia,
e direi-vos como me lhi salvei:
«Se vos i, [meu amigo, pesar fiz,
non foi por al senon porque me quix]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 683, V 285

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 107 [= LPGP 534-535]); Cohen (2003: 168); Littera (2016: I, 611).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 113); Braga (1878: 55); Machado & Machado (1952: III, 358-359).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 73-74); Álvarez Blázquez (1975: 118); Alvar & Beltrán (1989: 307); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 165).

 

Manuscript variants


2 outr’u] outro BV   7 baralhar] haralhar V   10 enton] entou V   14 lhi] hi B

Editorial variants


5 fiz] fix Cohen   11 fiz] fix Cohen   14-15 preguntou-m’ele por que lhi fazia / tan gran pesar ou se o entendia] preguntou m’el: e por que lhi fazia / tan gran pesar ou se o entendia? Cohen : preguntou m’el e por que lhi fazia / tam gram pesar ou se o entendia Littera   16 lhi] lh’i Cohen   17 fiz] fix Cohen

Paraphrase


(I) Falei un día, por discutir co meu amigo, con outro onde el me vise, e direivos o que lle dixen cando el me preguntou por que lle fixera tan gran pesar: «Se vos niso, meu amigo, causei pesar fiz, non foi por nada senón porque quixen».

(II) Por discutir con el, e non por outra razón, falei con outro con intención de poñelo a proba, e pesoulle máis ca se o matase e preguntoume e díxenlle eu entón: «Se vos niso, meu amigo, causei pesar fiz, non foi por nada senón porque quixen».

(III) Alí onde eu diante del falei con outro preguntoume el por que lle facía un pesar tan grande ou se tiña amores con el, e direivos como lle respondín airosa: «Se vos niso, meu amigo, causei pesar fiz, non foi por nada senón porque quixen».

Metrics


Esquema métrico: 10a 10’b 10’b 10a 10C 10C (= Tav 160:252)

Notes


Text
  • 2

    Sen dúbida, a lección errada <outro> de BV vén condicionada pola forma indefinida, cun erro <o>/<u> similar ao que se detecta en BV noutros contextos, en que o adverbio u é substituído erradamente por o: u primeiro de vós falar oi <ø> A, <o primeyro deu9 falar oy> B (127.9); se a visse u sei <se a uisse u sei> A, <sea uisseo sey> B (301.6); u está <o esta> B, <hu esta> V (564.35); u ir avia <oyr auya> BV (664.7)...

  • 2-3

    Nótese a alternancia dos valores de u: ‘onde’ no v. 2, e ‘cando’ no v. 3.

  • 5-6

    O refrán desta cantiga presenta, en principio, unha rima defectuosa (fiz - quix, que se repite no refrán de 738 e mais en 1145.8-10: fiz - quix - prix), que diz respecto a unha nivelación fonolóxica de sibilantes que non é canónica nas rimas trobadorescas, aínda que é posíbel que na altura cronolóxica das cantigas xa existise neutralización na sibilante implosiva. Cfr., tamén, a rima vezes : meses en 1467.8-11, rafez : Ocres en 1610.16-18, e Galiza : Fariza : peliça : liça en 1635.18-24). Véxanse notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6 e 1118.10-12.

  • 14-15

    A segmentación de <ele> en pronome + copulativa que Cohen (e Littera) estabelece crea un contexto anómalo, mesmo cunha mestura de interrogación directa e indirecta en Cohen.

  • 15

    Neste verso aparece a segunda e derradeira ocorrencia de entender co significado de ‘namorar, ser amante de alguén’, que só se rexistra nunha composición de Roi Gomez: non ei poder / de falar convosc'e vos entender (23.3).

     

Search
    No results