I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 232-233); Pagani (1971: 89-90 [= LPGP 251-252]); Littera (2016: I, 258-259).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 88); Braga (1878: 45); Machado & Machado (1952: III, 277).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 55).
2 vos] uos BV 3 gran ] g̃ra B 4 ũa] hua V 5 non] nōm V 7 quis] q̍is B : qis V 9 ben] eu B 10 razon] razo B; gran] g̃ra B 14 non no] nō (o) no B 16 gran] g̃ra B 23 en] sen BV 24 aja] aiã V
4 ũa] huna Pagani 5 per] por Nunes 10 est’é] éste Littera 12 servir] servirũ Littera; ũa] huna Pagani 14 non no] non’o Littera 20 põer] poner Pagani 24 aja] sia Pagani
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= Tav 161:22)
Encontros vocálicos: 8 deve‿aver; 18 pode‿entender
Téñase en conta que a conxunción que inicial do verso cumpre a función de completiva a respecto de digo-vos (v. 2).
A variante pidir (tamén no v. 9) presenta harmonización vocálica (cfr. pedir no v. 13): esta asimilación regresiva nos verbos coa estrutura e...ir (> i...ir) é moi frecuente nos textos medievais, provocando a concorrencia de formas como pedir ~ pidir ou vestir ~ vistir. O mesmo acontece en voces relacionadas con estas, coa terminación -ido~-ida (midida, vistido). Cfr. nota a 42.14.
Littera decidiu non segmentar o demostrativo en est'é.
Nótese a estrutura verbal conviir + de + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.
O uso do xerundio introducido pola preposición sen é certamente raro no corpus trobadoresco profano, pois non achamos ningunha outra ocorrencia de tal construción, apostilada por Epifánio da Silva Dias coa seguinte observación: «No port. arch. tambem occorre a prepos. sem com este partic. [isto é, o xerundio], em vez de infinitivo» (Dias 1970: 242). Na realidade, a súa aparición só se produce en textos medievais tardíos (en xeral do século XV), e nomeadamente en territorio portugués; así, achamos algúns rexistros na Crónica Geral de Espanha de 1344 (sem lha deytando, sem avendo, sem avẽdo, sem mo fazendo, sem avendo, sem sabendo...; véxase Cintra 1952-1990: II, 193, 255; III, 245, 395, 408; IV, 219, 223); é relativamente frecuente nalgunhas crónicas de Fernão Lopes: así, na Crónica de D. João I, concorren construcións como sem sabemdo, sem creendo, sem levando, sem achãdo, sem lhe fazemdo, sem mostramdo, sem lhe contradizemdo, sẽ mais rrazoamdo, sem lhe seendo, sem fazemdo, sem teemdo, sem sabemdo, sem tornãdo... (véxanse as pp. 5, 16, 18 e 139, 150, 217, 230, 254, 274, 323, 325, 337, 355); o mesmo acontece na Crónica de D. Fernando: sem lhe fazendo, sem custando, sem pagando, sem levando, sem curando, sem avendo, sem fallando, sem aveendo, sem achando, sem fazendo, sem o fazendo, sem dando, sem lhe fazendo, sem sse mesturando, sem lhe pagando, sem leixando, sem fazendo, sem leixando... (cfr. Macchi 2004: 32, 92, 317, 381, 392, 406 e 507, 433, 460, 476, 477, 481, 499, 514, 535, 536, 548, 571, 611...); e tamén ten presenza na versión portuguesa da Confessio Amantis: véxase, por exemplo, sem avendo, sem lho pedindo, sem lhe dando, sem molhando, sem beijando... (cfr. Faccon 2012: 361 e 394 e 445 e 447, 411, 418 e 422, 440, 464...). Nos documentos tabeliónicos é extremamente raro: véxase ssem britando nun documento do mosteiro da Batalha (Gomes 2002: I, 246).
Só un lapso pode explicar a forma sia (<aia> B, <aiã> V) en Pagani, sen explicación de ningún tipo.