(I) Quero dicirvos, miña señora, de que maneira vos amo, e que Deus non me conceda o voso ben se vos eu minto sobre algunha cousa: (II) cantos homes hai hoxe no mundo, e houbo e haberá, nunca amaron nin amarán nin aman ningunha muller tanto (III) como eu vos amo, mais nin isto nin outra cousa me é de axuda convosco.