[last revised: 06/07/2022]Print

785 [= Tav 81,5]
Disseron-mi que avia de mí

Disseron-mi que avia de mí
o meu amigo queixum’e pesar,
e é tal que me non sei conselhar;
e, amiga, se lh’eu mal mereci,
rog’eu a Deus que o ben que m’el quer
que o queira ced’a outra molher.
E, se el queixume quiser perder
que de min con tort’á, gracir-vo-lho-ei;
e, amiga, verdade vos direi:
se lh’oj’eu queria mal merecer,
rog’eu [a Deus que o ben que m’el quer
que o queira ced’a outra molher].
E fara meu amigo mui melhor
en perder queixume que de min á;
e, par Deus, amiga, ben lh’estara,
ca, se lh’eu fui de mal merecedor,
rog’eu a Deus [que o ben que m’el quer
que o queira ced’a outra molher].
E, se lho el per ventura quiser,
mal dia eu naci se o souber.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 788, V 372

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 181-182 [= LPGP 552-553]); Cohen (2003: 256); Fregonese (2007: 95); Littera (2016: II, 13).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 142); Braga (1878: 70); Machado & Machado (1953: IV, 87).

Manuscript variants


2 queixum’e] quexume B   3 é] ē B   6 que] a que V   8 tort’á] corca B : corta V; gracir-vo-lho-ei] graçirualoey B : graçirualhoey V   19 lho] lh(e)o V; ventura] uentᵉa BV

Editorial variants


3 é] en Nunes   8 tort’á] coit’a Nunes, Fregonese; gracir-vo-lho-ei] gracir-lho-ei Nunes, Fregonese : gracir-vo-lh’-ei Littera

Paraphrase


(I) Dixéronme que o meu amigo tiña queixa de min e pesar, e tal como é el non sei como actuar; e, amiga, se eu lle merecín mal, rogo a Deus que o ben que el me quere que o queira logo a outra muller.
(II) E se el quixese perder o queixume que inxustamente ten de min, agradeceríallo; e, amiga, direivos a verdade: se eu lle quería mal merecer, rogo a Deus que o ben que el me quere que o queira logo a outra muller.
(III) E fará o meu amigo moito mellor se perde a coita que ten por min; e, por Deus, amiga, será o mellor para el, pois, se eu lle fun merecedora de mal, rogo a Deus que o ben que el me quere que o queira logo a outra muller.
(1) E se el por ventura llo quixese, en mal día nacín se o soubese.

Metrics


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:147)

Encontros vocálicos: 8 -lho‿ei

Notes


Text
  • 6

    É obrigada a expunción de <a> inicial no verso, en liña con outras pasaxes dos cancioneiros onde achamos intromisión dese elemento <a>, ben en perífrases verbais (véxase nota a 55.17) ben introducindo erroneamente un CD (véxase nota a 68.1); para alén destes casos, aínda se poden localizar outros en que <a> non cumpre unha función definida: B (77.8), V vs. B (497.7, 785.6, 1681.10), BV (1663.2).

  • 8

    Fronte a Nunes e Fregonese, que interpretaron as leccións de BV en prol de coit’á, optamos por unha lectura (xa en Cohen e tamén en Littera) paleograficamente máis acaída, que se basea na confusión <c>/<t>, banal nos apógrafos italianos, e que achega unha lectura con torto que xa se acha en Fernan Rodriguez de Calheiros (32.7): ‘Se o amigo quixer perder o queixume que inxustamente ten comigo, ben que o agradecerei...’.

    Por outra parte, tamén con Cohen, seguimos a lección básica dos manuscritos, coa manutención do pronome vos en función de dativo ético e con sinalefa -lhoei para manter a medida decasilábica do verso.

Search
    No results