I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 181-182 [= LPGP 552-553]); Cohen (2003: 256); Fregonese (2007: 95); Littera (2016: II, 13).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 142); Braga (1878: 70); Machado & Machado (1953: IV, 87).
2 queixum’e] quexume B 3 é] ē B 6 que] a que V 8 tort’á] corca B : corta V; gracir-vo-lho-ei] graçirualoey B : graçirualhoey V 19 lho] lh(e)o V; ventura] uentᵉa BV
3 é] en Nunes 8 tort’á] coit’a Nunes, Fregonese; gracir-vo-lho-ei] gracir-lho-ei Nunes, Fregonese : gracir-vo-lh’-ei Littera
(I) Dixéronme que o meu amigo tiña queixa de min e pesar, e tal como é el non sei como actuar; e, amiga, se eu lle merecín mal, rogo a Deus que o ben que el me quere que o queira logo a outra muller.
(II) E se el quixese perder o queixume que inxustamente ten de min, agradeceríallo; e, amiga, direivos a verdade: se eu lle quería mal merecer, rogo a Deus que o ben que el me quere que o queira logo a outra muller.
(III) E fará o meu amigo moito mellor se perde a coita que ten por min; e, por Deus, amiga, será o mellor para el, pois, se eu lle fun merecedora de mal, rogo a Deus que o ben que el me quere que o queira logo a outra muller.
(1) E se el por ventura llo quixese, en mal día nacín se o soubese.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:147)
Encontros vocálicos: 8 -lho‿ei
É obrigada a expunción de <a> inicial no verso, en liña con outras pasaxes dos cancioneiros onde achamos intromisión dese elemento <a>, ben en perífrases verbais (véxase nota a 55.17) ben introducindo erroneamente un CD (véxase nota a 68.1); para alén destes casos, aínda se poden localizar outros en que <a> non cumpre unha función definida: B (77.8), V vs. B (497.7, 785.6, 1681.10), BV (1663.2).
Fronte a Nunes e Fregonese, que interpretaron as leccións de BV en prol de coit’á, optamos por unha lectura (xa en Cohen e tamén en Littera) paleograficamente máis acaída, que se basea na confusión <c>/<t>, banal nos apógrafos italianos, e que achega unha lectura con torto que xa se acha en Fernan Rodriguez de Calheiros (32.7): ‘Se o amigo quixer perder o queixume que inxustamente ten comigo, ben que o agradecerei...’.
Por outra parte, tamén con Cohen, seguimos a lección básica dos manuscritos, coa manutención do pronome vos en función de dativo ético e con sinalefa -lho‿ei para manter a medida decasilábica do verso.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: