(I) Direivos o que me acontece coa miña señora: porque a vexo moi bela ámoa tanto que coido morrer; e, aínda que a amo tanto, aínda máis eu a amaría se puidese, mais non podería, (II) porque a amo tanto que perdín xa o sono e, con certeza, hei perder a razón moi cedo coa coita que padezo; e, aínda que perdo todo isto por esa circunstancia, aínda máis eu a amaría se puidese, mais non podería, (III) porque a amo tan de corazón que sei moi ben que, se ela non me auxilia, morrerei cedo, sen dúbida; e con todo isto, así Deus me perdoe, aínda máis eu a amaría se puidese, mais non podería (1) de forma ningunha, por Santa María, porque, se puidese, logo eu (máis a) amaría.