[last revised: 23/08/2021]Print

777 [= Tav 124,1]
Avedes vós, amiga, guisado

Avedes vós, amiga, guisado
de falar vosc’oj’o meu amigo,
que ven aqui, e ben vo-lo [digo],
por falar vosc’, e traz-vos recado
de rog’, amiga, do voss’amigo
que façades o meu falar migo.
E, u eu moro, ja el non mora,
ca lhe defendi que non moras[s]e
i, e por én catou quen rogasse
e recado sei que vos traz ora
de ro[g’, amiga, do voss’amigo
que façades o meu falar migo].
Gran sazon á que meu ben demanda,
e nunca pôde comigo falar
e ven ora voss’amigo rogar,
e con recado sei que vos anda
de rog’, a[miga, do voss’amigo
que façades o meu falar migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 780, V 363-364

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional só foron copiados os vv. 1-10.

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 179 [= LPGP 808-809]); Cohen (2003: 253); Littera (2016: II, 333-334).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 140); Braga (1878: 69); Machado & Machado (1953: IV, 72).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 203).

Manuscript variants


1 vós] uos \uos/ V   2 amigo] amiga B   3 ben] tem B   4 vosc’, e traz-vos recado]  uosꝙ̄ gaz uos ssecado B : uosq̅ȝ e piz uos rrecado V   5 rog’, amiga] rre gamiga V   6 façades o meu] facades omeu facades omeu BV   7 moro] moio V   9 por] po V; catou] ca cou B   9-10 én ... recado] om. V   10 vos] uos BV; ora] o ia V   11-18 om. B   13 Gran] Grara V   14 comigo] camigo V   15 ora] agora V   16 eorn rrecado sey q̅ uos andar V

Editorial variants


3 e] e[u] Nunes   10 traz ora] traz’ora Nunes   14 comigo] co[n] migo Nunes   15 ora voss’amigo] agora voss’amigo Nunes : vos, amig’, agora Cohen   16 e con recado sei que vos anda] ora recado sei que vos manda Nunes 

Paraphrase


(I) Amiga, vós dispuxestes que fale hoxe convosco o meu amigo, que vén aquí, ben volo digo, por falar convosco, e tráevos unha petición de rogo, amiga, do voso amigo, para que fagades o meu falar comigo.

(II) E el xa non mora onde eu moro, porque lle prohibín que morase alí, e porén buscou quen rogase (por el) e sei que agora vos trae unha petición de rogo, amiga, do voso amigo, para que fagades o meu falar comigo.

(III) Hai moito tempo que demanda o meu ben, e nunca puido falar comigo e agora vén rogar ao voso amigo, e sei que vos vén con petición de rogo, amiga, do voso amigo, para que fagades o meu falar comigo.

Metrics


Esquema métrico: 9’a 9’b 9’b 9’a 9’B 9’B (I [= Tav 151:6]) + 9’a 9’b 9’b 9’a 9’C 9’C (II [= Tav 160:308]) + 9’a 10b 10b 9’a 9’C 9’C (III [= Tav 160:298])

Notes


Text
  • 4

    A forma traz (tamén no v. 10), que convive con trax (véxase nota a 429.24), é por súa vez forma variante e concorrente coa xeral trage, que corresponde á P3 de presente indicativo de trager (< *tragere, véxase Ferreiro 1999: §220). Esta forma traz (e trax) anuncia a mudanza trager > trazer, que se consolidará no territorio portugués, con atestacións no derradeiro período medieval e sen testemuños claros en territorio galego, onde só localizamos et trazía en hua mao hua procuraçón nun documento, tamén serodio, de 1470 (véxase TMILG, s.v. trazía).

  • 10

    A presentación gráfica traz’ora de Nunes, talvez por lapso, suxire unha crase da hipotética forma traze (inexistente) co adverbio ora.

  • 15

    Nótese a variación agora / ora entre os apógrafos italianos, que confirma algunhas vacilacións e confusións que se rexistran ao longo das cantigas canto a erros de copia neste adverbio, tanto en BV como en A: 66.2, 108.14, 485.5 e 17, 792.1, 902.9, 980.16.

  • 16

    Este verso, só transmitido por V, constitúe un locus criticus diferentemente resolvido por Nunes e Cohen. O editor portugués opta por transcribir literalmente <ora> (forma algo confusa, cun <a> moi esquemático) como ora (e reconstrúe unha forma verbal manda a partir de <andar>), feito que provoca un verso hipermétrico pola imposibilidade da sinalefa e‿ora. A proposta de Cohen (tamén en Littera), ao tempo que resolve a métrica versal, é coherente do punto de vista paleográfico (<orn>/<con>, <andar>/<anda>) e tamén semántico, mantendo o paralelismo entre os vv. 4, 10 e 16:
              por falar vosc’, e traz-vos recado (v. 4)
              e recado sei que vos traz ora (v. 10)
              e con recado sei que vos anda (v. 16).

    Téñase en conta, ademais, que xusto na primeira palabra desta estrofa, o mesmo copista transcribe como <ra> o que no orixinal debía ser un <m> (<Grara> por <Gram>), o que xustifica neste caso a confusión contraria de transcribir <ra> en vez de <m>.

Search
    No results