951 [= RM 63,14]
Andei, senhor, Leon e Castela

Andei, senhor, Leon e Castela
depois que m’eu desta terra quitei,
e non foi i dona nen donzela
que eu non viss’, e máis vos én direi:
quantas máis donas, senhor, ala vi,
tanto vos eu mui máis precei des i.
[E] quantas donas eu vi, des quando
me foi d’aqui, punhei de as cousir,
e, poi-las vi, estive cuidando
en vós, senhor, e, por vos non mentir,
quantas máis donas, senhor, ala vi,
[tanto vos eu mui máis precei des i].
E as que ala maior prez avian
en todo ben, toda-las fui veer,
e cousi-as, e ben parecian;
pero, senhor, quero-vos al dizer:
quantas máis do[nas, senhor, ala vi,
tanto vos eu mui máis precei des i].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 948, V 536

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 361-362); Rodríguez (1980: 80 [= LPGP 378]); Littera (2016: I, 428).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 193); Braga (1878: 102); Gassner (1933: 398); Machado & Machado (1953: IV, 317); Fernández Pousa (1959: 89).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 151).

Variantes manuscritas


2 quitei] quyrey V   3 foi i] foy (d) y V   4 én] eu B   6 mui] muz V   7 quando] qnande B : quāde V   9 estive] estino B   13 avian] auya B   14 en todo] E utodo B   15 cousi-as] con syas V   17 do[nas]] da V

Variantes editoriais


2 depois] despois Rodríguez   4 én] eu Nunes   7 [E] quantas donas eu vi] Quantas donas alá vi Nunes

Paráfrase


(I) Andei, señora, León e Castela, despois que eu me fun desta terra, e non houbo alí dona nin doncela que eu non vise, e máis vos direi diso: cantas máis donas, señora, alá vin, tanto vos eu moito máis apreciei desde entón.
(II) E cantas donas eu vin desde que me fun de aquí, fixen canto puiden por observalas moi ben, e, despois de as ver, estiven pensando en vós, señora, e, por vos non mentir, cantas máis donas, señora, alá vin, tanto vos eu moito máis apreciei desde entón.
(III) E as que alá maior prez tiñan en todo ben, todas as fun eu ver e cateinas, e eran ben fermosas; pero, señora, quérovos dicir outra cousa: cantas máis donas, señora, alá vin, tanto vos eu moito máis apreciei desde entón.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 9’a 10b 10C 10C (= RM 99:40)

Encontros vocálicos: 12-13 i/E

Notas


Texto
  • 7

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

  • 8

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 10

    A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.

  • 13

    Este verso ten medida decasilábica sempre e cando se considere a existencia dunha episinalefa da conxunción inicial e con vi, no derradeiro verso da estrofa anterior, ou, alternativamente, unha anómala sinalefa coa copulativa e (*E‿as) ou co relativo que (*que‿ala). Certamente, existe tamén a posibilidade de que ala sexa erro por , tal como acontece noutras pasaxes (véxase, por exemplo, 976.8).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado