I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 294-295); Rodríguez (1980: 265 [= LPGP 374-375]); Cohen (2003: 580); Littera (2016: I, 465).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 225); Braga (1878: 122); Machado & Machado (1956: V, 46); Fernández Pousa (1959: 268).
III. Antoloxías: Norton (1935: 55); Nemésio (1961 [1949]: 157); Álvarez Blázquez (1975: 35); Torres (1977: 458); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 91).
6 Dizedelhi que mente / E dizedehli que mente B : dizede lhi que mente / e dizetelhi que mente V
En Nunes e en Rodríguez todos os versos da cantiga son presentados como versos hexasilábicos graves. En Littera o último verso (v. 6) foi dividido en dous versos hexasilábicos.
6 e] om. Nunes, Rodríguez, Littera
(I) Ameivos sempre, amigo, e gardeivos lealdade: se quixerdes preguntar, moi discretamente, saberedes, amigo, que vos digo a verdade; ou se falardes con algún maldicente e vos quixer, amigo, facer entender outra cousa, dicídelle que mente e dicídelle que mente!
Esquema métrico: 13’a 13’a 13’a 13’b 13’b 13’b
Encontros vocálicos: 6 mente‿e
A voz puridade ‘segredo’, do lat. tard. puritātem, aparece de modo restrito no corpus trobadoresco, con só máis tres ocorrencias (568.5, 860.9, 1075.13) nas cantigas profanas e outras tantas nas Cantigas de Santa Maria; ora ben, é especialmente frecuente na Crónica Geral Galega, para alén doutros textos galego-portugueses (véxase CGPA, s.v. puridade, poridade).
É certo que existe a posibilidade de presentar o v. 6 como dous versos hexasilábicos graves (así en Littera), coa repetición da palabra rimante mente1 . Porén, esa repetición e tamén o feito da existencia da copulativa inicial do que sería o derradeiro verso con esa opción (e dizede-lhi que mente) aconsellan, con Cohen, fixar un verso longo, coa sinalefa mente‿e que evita calquera problema métrico.
Esa foi a decisión tomada en LPGP na presentación desta cantiga.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: