[last revised: 18/02/2023]Print

322 [= Tav 40,1]
Ai mia senhor, lume dos olhos meus

Ai mia senhor, lume dos olhos meus,
u vos non vir, dizede-mi, por Deus:
que farei eu, que vos sempr’amei?
Pois m’assi vi, u vos vejo, moir’én;
u vos non vir, dizede-m’ũa ren:
que farei eu, [que vos sempr’amei?]
Eu, que nunca outra soubi servir
senon, senhor, vós, eu, u vos non vir,
que farei eu, [que vos sempr’amei?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscripts


B 362

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 831 [= LPGP 281]); González Martínez (2012a: 86); Littera (2016: I, 303).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 132-133); Machado & Machado (1950: II, 137); Rios Milhám (2018a: II, 322).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 245-246); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 60); Souto Cabo (2017: 93).

Manuscript variants


4 moir’én] moirer B

Editorial variants


2 vos] vus Michaëlis   3 vos sempr’] vus sempre Michaëlis : vos sempre Littera   4 vos] vus Michaëlis; moir’én] morrer Michaëlis, Littera   5 vos] vus Michaëlis   6 vos sempr’] vus sempre Michaëlis : vos sempre Littera   7 outra] outren Michaëlis   8 eu] e Michaëlis; vos] vus Michaëlis   9 vos sempr’] vus sempre Michaëlis : vos sempre Littera  

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 9B (cfr. Tav 26:73)

Notes


Text
  • 3

    Mantemos, con González Martínez, o refrán de nove sílabas, que convive cos decasílabos do dístico; porén, un contraste métrico similar pode verse, por exemplo, na cantiga 1104, de Lourenço, en que a cobra presenta decasílabos e o refrán eneasílabos, todos agudos. Neste sentido, é desnecesaria a emenda sempre de Michaëlis e Littera para conseguir esa nivelación, que, se se quixese, sería máis harmónica coa introdución cunha copulativa inicial que se pode encontrar noutros refráns similares: e que farei eu, louçãa? (694.r). Por outra parte, existen diversas posibilidades puntuativas, como mostra a orixinal proposta de González: Que farei? Eu que vos sempr’amei.

  • 4

    Michaëlis (seguida por Littera) reinterpretou <moirer> como morrer sen advertir o problema rimático, que se resolve coa consideración do erro <r>/<n> que se rexistra con frecuencia nos apógrafos italianos e, máis concretamente, en B: 478.25 <alacrar> alacran; 493.15 <cor> con; 1336.20 <seria> sen ja etc. De todos os modos, talvez a confusión máis significativa sexa a que se producen en 1233.8, onde morrer, en rima, presenta as leccións <moirer> B, <morren> V.
    Ademais, a puntuación de González neste verso (Pois m’assi vi: u vos vejo, moir’én, / ...) non semella axeitada, pois introduce unha pausa desnecesaria no medio do verso ao tempo que non afasta coa puntuación este verso, completo en si mesmo, do seguinte, que se liga ao refrán.

  • 8

    De novo Michaëlis intervén no texto para mudar o <eu> de B que semella lexítimo, cunha acumulación expresiva da primeira persoa que intensifica a expresión da coita do trobador.

Search
    No results