1029 [= RM 63,2]
Ai mia filha, de vós saber quer’eu

– Ai mia filha, de vós saber quer’eu
por que fezestes quanto vos mandou
voss’amigo, que vos non ar falou.
– Par Deus, mia madre, direi-vo-lo eu:
cuid’eu melhor aver per i,
e semelha-mi que non ést’assi.
– Por que fezestes, se Deus vos dé ben,
filha, quanto vos el vẽo rogar,
ca des enton non vos ar quis falar?
– Direi-vo-l[o] eu, se Deus mi dé ben:
cuid’eu melhor aver per i,
[e semelha-mi que non ést’assi].
– Por que fezestes, se Deus vos perdon,
filha, quanto vos el vẽo dizer,
ca des enton non vos ar quis veer?
– Direi-vo-l[o] eu, se Deus mi perdon:
cuid’eu melhor aver per i,
[e semelha-mi que non ést’assi].
– Bon dia naceu, com[e] eu oi,
que[n] se d’outro castiga e non de sí.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1025, V 615

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 274-275); Rodríguez (1980: 204 [= LPGP 372-373]); Cohen (2003: 558); Littera (2016: I, 452-453).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 219); Braga (1878: 118); Machado & Machado (1956: V, 19-20); Fernández Pousa (1959: 248).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 293-294); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 86).

Variantes manuscritas


5 eu] en V   7 fezestes] o fezestes BV; Deus] de B   11 eu] en B   13 fezestes] o fezestes BV   17 melhor] melhe V   19 naceu] nazeu V

Variantes editoriais


5 cuid'eu] cuid[ava-m]’eu Nunes, Cohen, Littera : cuid[ava] eu Rodríguez   7 dé] dê Nunes, Littera   10 dé] dê Nunes, Littera   11 cuid'eu] cuid[ava-m]’eu Nunes, Cohen, Littera : cuid[ava] eu Rodríguez   17 cuid'eu] cuid[ava-m]’eu Nunes, Cohen, Littera : cuid[ava] eu Rodríguez   19 Bon] [E] bon Cohen, Littera; com[e] eu] com[o] eu Nunes, Rodríguez : com’eu Cohen, Littera

Paráfrase


(I) –Ai miña filla, de vós quero saber por que fixestes todo canto vos pediu o voso amigo, que non vos volveu falar. 
–Por Deus, miña nai, diréivolo eu: eu penso obter desa forma melloría (na nosa relación), e seméllame que non é así.

(II) –Por que fixestes, filla, así Deus vos dea ben, canto vos el veu rogar, que desde entón non vos quixo falar de novo? 
–Diréivolo eu, así Deus me dea ben: eu penso obter desa forma melloría (na nosa relación), e seméllame que non é así.

(III) –Por que fixestes, filla, así Deus vos perdoe, canto vos el veu dicir, que desde entón non vos quixo ver de novo? 
–Diréivolo eu, así Deus me perdoe: eu penso obter desa forma melloría (na nosa relación), e seméllame que non é así.

(1) –Afortunado é, como eu ouvín, quen aprende dos erros alleos e non dos propios.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 8C 10C + 10c 10c

Encontros vocálicos: 20 castigae

Notas


Texto
  • 5

    A emenda do presente (cuid’eu) para copretérito (cuidava eu / cuidava-[m]'eu) foi proposta por todos os editores como a mellor solución para nivelar metricamente o refrán e se cadra tamén para acomodar a expresión temporal do refrán ao pretérito fezestes das tres estrofas (vv. 2, 7, 13). Porén, o presente cuido acae perfectamente con semella no verso seguinte, e a combinación de versos octosilábicos e decasilábicos no refrán (e nalgunha fiinda) tamén existe no corpus (véxase, por exemplo, a cantiga UC 1276).

  • 10

    A reintegración vocálica en Direi-vo-l[o] eu que se manifesta como necesaria nos vv. 10 e 16 está indicada pola presenza de direi-vo-lo eu no v. 4.

  • 11

    O carácter espurio do pronome o nos vv. 11 e 16 (*por que o fezestes...) vén determinado polo simétrico v. 2 da estrofa I (por que fezestes quanto vos mandou), pola hipermetría que o pronome provoca e, finalmente, por razóns sintácticas, xa que o CD de fezestes é quanto vos el vẽo rogar / dizer (vv. 8 e 14). Similares erros de transmisión poden verse en 423.4 (V), 776.15 (BV), 1374.4 (BV) ou 1477.27 (BV).

  • 19

    Sen dúbida, a restauración da copulativa inicial da fiinda é unha opción defendíbel do punto de vista editorial, dada a frecuencia con que está ausente nos manuscritos (véxase nota a 274.19). No entanto, a presenza da secuencia come eu, con dialefa, por exemplo en 1074.5 (ca vós morredes come eu d’amor) lévanos a propor esa reintegración vocálica no texto.

  • 19-20

    Con Cohen, consideramos que os versos da fiinda deben atribuírse á nai, que tras escoitar a resposta da filla, emite unha sentenza baseada nun dito tradicional que afirma que son afortunados aqueles que non teñen que sufrir polos erros propios e aprenden dos erros alleos.
    Na versión electrónica de Littera consideran máis probábel que sexa a filla quen pronuncie estas palabras. En calquera caso, coidamos que a súa interpretación literal do refrán popular non é a correcta: “O sentido geral é irónico: feliz aquele que sabe criticar os outros mas não a si mesmo” (https://cantigas.fcsh.unl.pt/cantiga.asp?cdcant=1043&pv=sim [consult. 14-7-2022]).

  • 20

    Lémbrese que, en xeral, na Idade Media castigar-se significa ‘emendarse, corrixirse’. Cfr. nota a 579.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado