658 [= RM 106,2]
Ai madr’, o meu amigo, que non vi

Ai madr’, o meu amigo, que non vi
á gran sazon, dizen-mi que é ‘qui:
madre, per bõa fe, leda m’and’eu.
E sempr’eu punhei de lhi mal fazer,
mais, pois ora vẽo por me veer,
madre, [per bõa fe, leda m’and’eu].
Por quanta coita el por mí levou
non lhi poss’al fazer, mais, pois chegou,
madre, [per bõa fe, leda m’and’eu].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscrits


B 643, V 244

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 73 [= LPGP 684]); Sodré (1998: 81); Cohen (2003: 128); Pousada Cruz (2013: 257); Littera (2016: II, 186).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 93-94); Braga (1878: 48); Machado & Machado (1952: III, 304); Camargo et alii (1995: 40).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 53); De las Casas (1928: 46); Torres (1977: 520).

Variants manuscrites


1 Ai madr’, o] A(y ma) / y madro B   2 gran] g̃ra B   3 bõa] boa B

Variants editorials


3 leda m’and’eu] led’and’eu Nunes   6 leda m’and’eu] led’and’eu Nunes   9 leda m’and’eu] led’and’eu Nunes

Paràfrasi


(I) Ai, madre, do meu amigo, que non vin desde hai moito tempo, dinme que está aquí: madre, abofé, eu estou moi leda.

(II) E eu sempre me empeñei en lle facer mal, mais, xa que agora veu por me ver a min, madre, abofé, eu estou moi leda.

(III) Por todo o pesar que el por min padeceu non lle podo facer outra cousa, mais, porque chegou, madre, abofé, eu estou moi leda.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B (= RM 26:67)

Notes


Text
  • 2

    O adverbio aqui estabelece por veces crase co vocábulo anterior cando acaba en -a (di’aqui, 1031.1; verri’aqui, 215.18), mais tamén presenta a forma ‘qui, con elisión da vogal inicial, nalgúns encontros coas formas verbais (tónicas) á (á ‘qui, 278.1, 1408.1, 1473.12) e mais é (é ‘qui, 1382.1). Fóra da produción poética, existe tamén algunha ocorrencia da forma reducida deste adverbio:

    Eu Sueyro Pérez, notario sobredicto, a fiz escrivir e poño qui meu sigño en testimuyo de verdade (Fernández de Viana y Vieites 1994: 37).

  • 3

    A cláusula leda m’and’eu, que forma parte do refrán desta cantiga, parece remitir directamente ao refrán da cantiga 656, do propio Nuno Fernandez Torneol.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat