En B, entre as estrofas III e IV aparece riscado o inicio do que semella unha rúbrica atributiva: don pero. En V aparece copiado como se fose o inicio dun verso.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 286-287); Rodríguez (1980: 290 [= LPGP 406-407]); Lopes (2002: 190); Littera (2016: I, 471); Arias Freixedo (2017: 191).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 374); Braga (1878: 205); Machado & Machado (1958: VI, 169-170); Fernández Pousa (1959: 284).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 26-28); De la Iglesia (1886: II, 161-162); Correia (1978: 236); Tavares & Miranda (1987: 123); Jensen (1992: 146); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 125); Marcenaro (2006: 294-296); Mongelli (2009: 264).
2 agüirou] aguytou V 5 carnaçal] carnacal B 7 coraçon] coracō B 14 clerig’está] derigu esta BV 15 e maldizer-m’á] e de mal dizerma(l) / E mal diz’ma B : e maldizermha / emal diz̄m(h)a V 17 diss[e]] diz V 18 sair] sayr / don pero V 21 com’aquest’ano] Coma astano B 22 A (que o a muy grā Torto matou) / E ouū coʳno sobr̄ ssy B 23 corvo] cōno V
11 sig’] sigo Rodríguez 15 revestid’e] revesti’e Rodríguez; maldizer-m’á] maldizer-mi-á Lapa, Rodríguez 17 diss[e] o] diss’o Lapa, Lopes, Littera: cá] [a]cá Lapa 20 dia que] dia em que Lopes, Littera : dia en que Arias Freixedo
(I) Unha dona que non vou nomear non interpretou mal os agoiros este ano: ía ouvir misa, polas oitavas de Nadal, e mostróuselle un corvo carnazal, e non quixo saír da casa.
(II) A dona ouviría a súa misa entón de moi boa gana, e ía para ouvir o sermón, mais vede o que llo impediu: apareceulle un corvo a carón e non quixo saír da casa.
(III) Dixo a dona: «Que pasará? Xa está alí o crego revestido para misar e hame de maldicir se non me vir na igrexa». E dixo o corvo: «Qua, cá», e non quixo saír da casa.
(IV) Nunca tales agoiros vin, desde o día en que nacín, como os que este ano houbo aquí; e ela quixo intentar irse, mais púxose un corvo sobre ela e non quixo saír da casa.
Esquema métrico: 4 x 8a 8a 8a 8b 8a 8B 8 (= RM 13:49)
Tras a primeira lectura (o tratamento burlesco da concorrencia directa entre certas prácticas supersticiosas moi enraizadas popularmente, como era a adiviñación por medio de certas aves, cos ritos cristiáns oficiais como a misa), na cantiga ocúltase outra interpretación en clave sexual baseada na disemia dalgúns termos e expresións, como o propio termo corvo, que ten o sentido velado de ‘amante masculino’. Así, as frases ouve sig’un corv’a caron e ouv’un corvo sobre si hai que as interpretar como alusións a unha relación sexual; por outro lado, no refrán rexístrase un significativo equívoco, pois a expresión non quis da casa sair, pode aludir simultaneamente á dona que non quixo saír da casa para ir á misa, arriscándose á maldición do clérigo, como tamén ao corvo, que unha vez que “entrou na casa” metafórica da dona, xa non quería saír.
A evolución -oi->-ui- na familia lexical de agoiro (< augŭrium) semella forma exclusiva da lírica profana. Para alén de agüirar (1486.2), véxase tamén agüireiro (1537.9), agüiraria (1675.3) e agüiro (1487.3, 1675.12 e 22) (véxase UC/Glosario, s.v.).
As oitavas de Natal alude ao período de oito días posteriores á festa do Nadal (comeza o día 25 de Nadal e acaba o día 1 de Xaneiro):
E fazer cabido no anno tres vezes convem a saber ho primeyro dia das Oytavas de Natal e ho primeiro dia das Oytavas de Paschoa e ho terceyro por dia de Corpo de Deus (doc. 1427; cfr. Gomes 2002: 142).
Canto a Natal, esta era a voz xeral (fronte a Nadal) durante a Idade Media para se referir ao período da celebración do nacemento de Xesús Cristo no mes de decembro.
O corvo carnaçal (‘corvo carniceiro’) aparece noutra composición de Joan Airas (1015.7), xunto con outra de Airas Perez Vuitoron (1496.9). No Cancioneiro Geral de Garcia de Resende comparece tamén un corvo carniçal:
Soes ũu bruto animal,
belfa quasi tartaruga,
soes hũu corvo carniçal,
soes ũu demo infernal,
nom sei quem de vós nom fuja (Dias 1990: I, 234).
Para o substantivo sermon só achamos a variante disimilada sarmon (tamén en 1405.18) no Livro das Tres Vertudes. A Insinança das Damas, de mediados do século XV: A outra he que ella seja louuada. delles em seus sarmõões (cfr. CGPA, ed. Crispim). Neste sentido, a variante verbal sarmoar é frecuente na Primeyra Partida (cfr. CGPA, s.v.).
A locución adverbial a caron (moi frecuente nas Cantigas de Santa Maria) era de uso regular na Idade Media. Véxase CGPA, s.v. caron, carom, acaron.