1485 [= RM 63,1]
Ai Justiça, mal fazedes, que non

Ai Justiça, mal fazedes, que non
queredes ora dereito filhar
de Mor da Cana porque foi matar
Joan Airas, ca fez mui sen-razon;
mais, se dereito queredes fazer,
ela so el devedes a meter,
ca o manda o Livro de Leon,
ca lhi quer[i]a gran ben, e des i
nunca lhi chamava senon «senhor»;
e, quando lh’el queria mui milhor,
foi-o ela logo matar ali;
mais, Justiça, pois tan gran torto fez,
metede-a ja so ele ũa vez,
ca o manda o dereito assi.
E, quando máis Joan Airas cuidou
que ouvesse de Mor da Cana ben,
foi-o ela logo matar por én,
tanto que el en seu poder entrou;
mais, Justiça, pois que as[s]i é ja,
metan-na so el, e padecerá
a que o a mui gran torto matou.
E quen nos ambos vir jazer dira:
«Beeito seja aquel que o julgou!».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscritos


B 1466 (ff. 306v, col. b, 307r, col. a), V 1076 (f. 175r, col. b, 175v, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 284-285); Rodríguez (1980: 283 [= LPGP 372]); Lopes (2002: 189); Littera (2016: I, 470-471); Arias Freixedo (2017: 188).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 373-374); Braga (1878: 205); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 128); Machado & Machado (1958: VI, 168-169); Fernández Pousa (1959: 283); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2011: 41; 2015: 64; 2025: 71).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 122); Arias Freixedo (1993: 129-130); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 124).

Variantes manuscritas


1 que non] Que nō que nō B   3 da Cana porque] \da/ tana por qe V   4 Airas] nayras BV; sen-razon] sen irazon B   9 Fumca lhi chamana sonō senhor B : nunc(h)alhy c\h/ama ua senō senõ V   10 queria] q̅ra V   11 logo] lego B   13 metede-a ja] Medeaya B   14 ca o] eno V; o] e BV   15 quando] q̅ndo V; Airas] eytas B   16 Mor] < + > B; Cana] caua B : cuua V   17 logo] lego B; matar] marar V   18 en] eu B   20 e] et V   21 que] quē B; torto] t̄ro V   22 nos] nos BV

Variantes editoriais


1 mal fazedes] que mal fazedes Lopes   4 Joan Airas] Joan’Airas Lopes, Littera   13 ele] el Lopes, Littera   15 Joan Airas] Joan’Airas Lopes, Littera   22 quen nos] quẽ-nos Lapa : quen’os Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Ai Xustiza, obrades mal, porque non queredes aplicar o dereito a Mor da Cana por matar Joán Airas, pois fixo algo desasisado; mais, se queredes facer xustiza, debédela meter a ela debaixo del, pois así o manda o Libro de León, (II) porque a quería moito e ademais nunca lle chamaba outra cousa senón «señora»; e cando el mellor a quería foino ela alí mesmo matar; mais, Xustiza, pois tan grave crime cometeu, metédea xa debaixo del unha vez, pois así o manda o dereito.
(III) E, cando máis confiaba Joán Airas en que obtería o amor de Mor da Cana, foino ela matar por iso tan pronto como el entrou no seu poder; mais, Xustiza, xa que isto xa foi así, métana debaixo del, e así padecerá a que con grande inxustiza o matou.
(1) E quen os vexa xacer xuntos dirá: «Bieito sexa aquel que este caso xulgou!».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:34) + 10c 10a

Encontros vocálicos: 13 eleũ·a; 23 sejaaquel

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga, igual que as cantigas 213, 270, 926 ou 960, entre outras, presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas II e III (con ligazón causal nas estrofas I-II) que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda atá a fiinda. Véxase nota á cantiga 74.

  • 3

    Mor da Cana podería ter relación familiar co trobador Pae da Cana, tamén compostelán como Joan Airas (véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Mor da Cana). A forma Mor evidencia unha profunda evolución a partir do lat. maiorem, visto que a forma antroponímica esmagadoramente maioritaria é Maior. En todo o caso, os da Cana conformaron unha das parentelas máis consolidadas entre as elites da Compostela medieval.

  • 4

    Nótese a autonominatio en Joan Airas (cfr. a cantiga 1481).

  • 6-7

    Ela é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.

  • 7

    O Livro de Leon (tamén presente en Vaasco Gil, UC 1531.7) pode ser unha referencia ao Foro de León (Forum Legionense) un conxunto de normas ditadas en 1017 por Afonso V, a primeira recompilación de foros da Península Ibérica, ou tamén ao Fuero Juzgo, romanceamento do Liber Iudiciorum, en calquera caso o mesmo que o foro de Leon (Michaëlis 2004: 118-119), presente noutros tres trobadores (Airas Perez Vuitoron, 1505.3; Afons’Eanes do Coton, 1591.16; Paai Gomez Charinho, 1636.15). Conforme indica Carolina Michaëlis, “o código de leis visigótico permaneceu em vigor em Leão durante séculos, mesmo depois da união definitiva de Leão e Castela no reinado de Fernando III, e mesmo ainda depois de Afonso X ter desenvolvido a sua actividade reformadora, que visava a dar às províncias, arrebatadas pouco a pouco aos mouros, e às suas cidades e vilas (dotadas de privilégios dos mais distintos tipos), um direito nacional unificado, confeccionado com arte a partir de leis romanas, de costumes visigóticos, estatutos clericais e costumes tradicionais assentados nos Foraes e no Fuero viejo. Lembre-se, aliás, que a vigência do Liber Judicum ultrapassava Leão, que Fernando III também o mandara traduzir à língua vulgar para Carmona e Córdova, e que pouco depois também se ampliara a Múrcia; e terceiro, que na galega Santiago de Compostela e em todas as localidades que dependiam dela se permitia, pelo menos, apelar ao Libro” (Michaëlis 2004: 117-118).

  • 10

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

  • 19-21

    O texto parece suxerir que “o homicida, vivo, deveria jazer, no túmulo, debaixo da sua vítima”; mais Michaëlis confima que “[e]sta disposição não se acha, de modo algum, no texto ao qual se refire o poeta satírico, mas, sim, em território espanhol, nos forais de Cuenca, Sepúlveda, Baena e Plasência, e no português, unicamente no foral das localidades francas Lourinhã e Marmelar” (Michaëlis 2004: 119-120). Porén, por mor do enterramento so el, Michaëlis (p. 129) alude a unha disposición legal de Afonso X en El Espéculo o espejo de todos los derechos, onde no título VIII, lei IV (Que pena deve aver qui desonrase, o firiese, o matase a otro en hueste, o en cavalgada) se estabelece o seguinte: “E qui matare a otro, metanle so el muerto” (coa seguinte variante de redacción: “E quien en la hueste o en el real matare a otro, metanle vivo so el muerto asi a entramos”) (cfr. Real Academia de la Historia 1836: 123).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado