(I) Unha dona que non vou nomear non interpretou mal os agoiros este ano: ía ouvir misa, polas oitavas de Nadal, e mostróuselle un corvo carnazal, e non quixo saír da casa.
(II) A dona ouviría a súa misa entón de moi boa gana, e ía para ouvir o sermón, mais vede o que llo impediu: apareceulle un corvo a carón e non quixo saír da casa.
(III) Dixo a dona: «Que pasará? Xa está alí o crego revestido para misar e hame de maldicir se non me vir na igrexa». E dixo o corvo: «Qua, cá», e non quixo saír da casa.
(IV) Nunca tales agoiros vin, desde o día en que nacín, como os que este ano houbo aquí; e ela quixo intentar irse, mais púxose un corvo sobre ela e non quixo saír da casa.