Despois do último verso, en B parece iniciarse unha nova estrofa, interrompida: Pero amigꝯ ey eu.
I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 523-524 [= LPGP 430-431]); Littera (2016: I, 497).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 367-368); Braga (1878: 201-202); Machado & Machado (1958: VI, 149-150).
1 amigos] amigus V; mia] ma B 3 outro] ontº B 6 e] Et B 7 amigos] amigus V; eu om. B 9 aquela] aquila B; ten] dē V 10 poder] podey B 14 coita] cayta B 15 amigos] amigus V; consentir] conssenar B 16 u a] ou ha B 17 ren] hē V 18 serviço] ƥmço B : ƥuizo V; tod’é] todo BV; pesar] < + > B : prebir V
3 mundo] mund(o) Nunes 8 podess’e] podesse Nunes, Littera 11 como] com(o) Nunes 15 conselho] conselh(o) Nunes 16 more] mor(e) Nunes 17 gran ben-querer] gran ben querer Nunes : gram bem querer Littera 18 tod’é] tod(o) [é] Nunes 19 om. Nunes
(I) Se eu, amigos, vivir ousase onde reside a miña señora, eu xa non daría nada, abofé, por calquera outro ben que Deus quixese facer a outro pecador; mais xa que así é, que non ouso vivir alí, convén (II) que morra, amigos, pois eu non coñezo quen puidese vivir e despois non ousase ir a onde está aquela que ten poder sobre a súa vida e o seu ben e o seu mal, como ela ten de min; e non me vale ren contra ela nin me vale servila (III) a ela, que sirvo aínda que non me quere ouvir a miña coita nin me quere dar remedio, amigos, nin de ningún xeito quere consentir de que a vexa nin que more onde a poida ver: e o meu grande amor e o meu servizo todo é causa de pesar para ela, (IV) aínda que, amigos, eu teño […].
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10c 10c 10b (= RM 124:2)
Encontros vocálicos: 3 mundo‿a; 11 como‿ela; 13 sér·vi͜o, mi‿o·ir; 15 conselho,‿amigos; 16 more‿u
Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda (talvez só iniciada en B), con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus>, vv. 1, 7, 15); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Por outra parte, aínda que, en principio, ma (forma de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18), débese advertir que, en xeral, esta variante ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
O pronome persoal tónico oblicuo ela é complemento directo sen preposición (nen me val servir ela), feito frecuente na lingua dos trobadores.
A lección <conssenar> de B remite ao relativamente frecuente erro <a>/<ti> (e <a>/<ci>) nos apógrafos italianos: <para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <ama> B cima (1489.47) etc.
Téñase en conta que a inicial expresión verbal ben querer funciona neste contexto como un substantivo, do mesmo modo que ben-fazer. É por isto que a representación gráfica debe indicar tal condición, de modo que se perciba o paralelismo sintáctico e semántico con serviço (v. 18). Cfr. nota a 119.17.
Pesar como palabra rimante é hipótese de lectura para suprir a lacuna de B e a obviamente errada lección <prebir> de V.