(I) Se eu, amigos, vivir ousase onde reside a miña señora, eu xa non daría nada, abofé, por calquera outro ben que Deus quixese facer a outro pecador; mais xa que así é, que non ouso vivir alí, convén (II) que morra, amigos, pois eu non coñezo quen puidese vivir e despois non ousase ir a onde está aquela que ten poder sobre a súa vida e o seu ben e o seu mal, como ela ten de min; e non me vale ren contra ela nin me vale servila (III) a ela, que sirvo aínda que non me quere ouvir a miña coita nin me quere dar remedio, amigos, nin de ningún xeito quere consentir de que a vexa nin que more onde a poida ver: e o meu grande amor e o meu servizo todo é causa de pesar para ela, (IV) aínda que, amigos, eu teño […].