Esta cantiga foi feita a Miguel Vivas, que foi (bispo) electo de Viseu, e a Gómiz Lourenço de Beja.

(I) Os privados que, para mal de moitos, detentan gran poder do rei, o único que saben é xuntar diñeiro, e non o gastan nin o doan, e aínda falan mal de quen o dá; e canto pasa no reino, todo se cumpre segundo a súa vontade.
(II) Aos que se esforzan por servir ao rei esperando ser recompensados –sexan ou non do seu bando–, logo se esforzan por llo impedir; e quen quixer recibir o favor do rei sen lle prestar servizo, se lles pagar, recibirao no momento de o pedir.
(III) O seu siso e a súa sabedoría é tal como vos agora contei; e fan outra cousa, que vos direi, que é moito peor que o resto: cando o rei se decide a obrar ben, como é razoábel, senten pesar por iso e xulgan o ben como un mal.
(1) E cando ao seu señor lle cómpre un consello ou un xuízo con criterio, non saben de nada, senón que en todo teñen un coñecemento desaxeitado.