I. Edicións críticas: Tavani (1964: 140 [= LPGP 603]); Lapa (1970 [1965]: 408); Lopes (2002: 285); Littera (2016: II, 69).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 357); Braga (1878: 196); Machado & Machado (1960: VII, 134).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 169-170); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 156).
3 trobar] trobaz V 10 escarnecer] escar naz’ V 12 de] he V 13 trobar] trobador V 17 fezer] faz̄ V 18 edemais otrobar demi ia party V 19 e el] sel V 20 veerá] ueēra V 21 faço] fazo V
4 faze de mal asaz] faço de mal as[s]az Lapa : faz ende mal as[s]az Lopes, Littera 7 en el] en’el Littera 10 escarnecer] escarnazer Tavani 11 sempr’e] sempre Tavani, Lapa, Lopes, Littera 12 vai [d]e min de[s]loar] vai a min de loor Lapa : vai em mim desloar Lopes : vai i mim desloar Littera 13 trobar] trobador Lapa 14 ca ten comig[o] én toda razon] ca ten comig[o] én tod’a razon Tavani : ca t[ẽ]en comigu’en toda razon Lapa : ca tem comigo em tod’a razom Lopes, Littera 18-20 E demais o trobar de mia part’[e]i, / e el sen-conhocer per-ficará / do que me diz, [e] quen-quer veerá] e demais o trobar de mi ja partirey? / S[e] el sem-conhocer perficará / do que me diz quenquer veerá Tavani : e o trobar de mi já partirei, / se el sen conhocer; per[o] ficará / no que me diz, [e] quen quer veerá Lapa : e o trobar de mi já partirei? / S’[é] el sem-conhocer, perficará / do que me diz; [e] quem quer veerá Lopes : e o trobar de mi já partirei? / S’el sem conhocer [é], per ficará / do que me diz; [e] quem quer veerá Littera 21 faço] fazo Tavani
(I) Pedr’Amigo comete dúas soberbias ao trobar e o trobar quéixase moito diso –isto seino eu moi ben–, pois di que lle fai mal abondo e o escarnece cos seus cantares; tamén di que o deixe eu, que sei seguir cantigas e coñezo a arte toda do trobar.
(II) E estas soberbias que Pedr’Amigo fai contra o trobar son dúas: na primeira vaino escarnecer cos seus cantares e a súa música, na outra vai falar mal de min; disto se queixa moito o trobar, que me dá toda a razón niso.
(III) Mais dicídeme: por que lle hei de aturar a Pedr’Amigo que vitupere os meus cantares se eu os fago ben? E, ademais, o trobar está da miña parte, e el ficará como ignorante polo que me di, e calquera verá que fago ben isto que comecei a facer.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:61)
Encontros vocálicos: 1 so·ber·vi͜as; 8 so·ber·vi͜as; 9 Amigo‿en
Pedr’Amigo é o trobador Pedr’Amigo de Sevilha.
Todos os editores, sen excepción, emendan a lección manuscrita para estabelecer unha lectura diferente da secuencia manuscrita de V que achamos transparente: <faze de mal a saz>. Non é necesaria a reconversión da forma verbal faze por canto esta variante (minoritaria) se rexistra en e faze filhos e filhas assaz (1614.6). Ademais, existen outras formas verbais de presente con similar evolución, para alén dos pretéritos fize e feze a carón de fiz e fez (véxanse notas a 95.13 e 167.5): praze (< placĭt), en 338.r1; dize (< dīcĭt) en 730.1.
Por outra parte, a convivencia de assaz ~ asaz nos textos galego-portugueses (no CGPA, a presenza de assaz supón o duplo de ocorrencias en face de asaz) suxire unha diferente asunción fonética do provenzalismo na lingua medieval. É por isto que respectamos a forma transmitida por V (véxase tamén 1119.26, 448.4 e 1585.3).
Desloar neste contexto é lectura factíbel, proposta por Tavani, tendo en conta, tamén, que desloar e desloador reaparecen na cantiga 1513, no parlamento de Lourenço en tenzón con Joan García de Guilhade. Fóra das cantigas, as dúas ocorrencias recollidas no Corpus Galego-Portugués Antigo mostran a variante deslouvar:
Pero non deslouvamos monteiros que, des que os allaãos trouverem colares, de os tragerem nas treellas pellos começarem a ensinar a andar en ellas (Livro da Montaria, ed. A. de Almeida Calado).
E por esto e outras razõões dereitas que a ello me inclinam, som muyto da ssua parte em louvar e prezar aquellas que boas som, contrariando aos que as prasmam em geeral e deslouvam (Leal Conselheiro, ed. J. Piel).
Nótese que o mesmo erro (trobador por trobar) tamén se rexistra en 485.15.
A articulación e edición da derradeira estrofa varía conforme os editores: articulación enunciativa / interrogativa, hipermetría no v. 18, resolución da hipometría nos vv. 19-20... En calquera caso, a nosa edición baséase na interpretación do verbo partir (v. 18) co significado de ‘explicar’, ben documentado no corpus (véxase UC/Glosario, s.v. partir1).
O texto transmitido por V (<edemais otrobar demi ia party>) presenta unha lección obviamente corrupta, especialmente na rima. Perante a situación, e diferentemente doutros editores, que supoñen a existencia de sílabas excedentes pola lectura de mí ja a partir de <demi ia>, preferimos interpretar esa secuencia como de mia, ao tempo que emendamos a secuencia rimante de modo que transparece a frecuente locución de mia parte (véxase CGPA, s.v.). Paleograficamente ten base, pois mantén no esencial <demi ia>, de modo que <i i> ben pode ser un erro por <h>; semanticamente tamén cadra moi ben: o trobar está da parte de Lourenço, ao tempo que se sente escarnecido por Pedr’Amigo. Esta opción editorial, por outra parte, evita calquera tipo de expunción de elementos no verso.
Perante a lección <sel> actuamos editorialmente considerando o erro <s>/<e>, que se rexistra nos cancioneiros italianos; neste sentido, véxase, en especial as leccións <E eu> B, <seu> V para e eu (1669.14), de similar factura que a detectada no inicio deste verso.
Só achamos a formación nominal sen-conhocer na lírica profana (tamén 1036.7, 1237.11, 1442.7, 1672.14), onde é formación sinónima de ‘parvo, desasisado’, similar a outras formacións, como sen-razon, sen-saber ou sen-verdade (véxase UC/Glosario, s.v.). Porén, un uso próximo, sen lexicalización, pode verse na Crónica Geral Galega:
Et tu me semellas a dona sem piedade et sem boo conocer, et tees grã poder de fazer bẽ et mal (cfr. CGPA, ed. R. Lorenzo).