I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 263); Lopes (2002: 172); Víñez Sánchez (2004: 204 [= LPGP 362]); Littera (2016: I, 416-417).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 344); Braga (1878: 189); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 144); Machado & Machado (1960: VII, 93); Ceschin (1980: 215).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 285-286); Diogo (1998: 126).
2 terra ... andamos] cerra ... andams V 3 achamos] achams V 4 infanções] infançoes V 7 burlan ... u chegamos] burlhan ... chegams V 8 infanções] infanzoēs coēs V 9 nos] uꝯ V 10 infanções chamamos] infanzōes chamams V 11 amigos] amigus V 12 infanções] infanzoēs V 14 albergamos] albergamus V 15 Sempre] Essemp̄ V 16 que ... façamos] ꝙ̄ ... fazamꝯ V 17 tant’amor filhamos] cātamor filhams V 18 terra] tirā V 19 qualquer] q̄l q̄r V 20 nossa] nossa (con til riscado no <o>) V 21 damos] dams V
1 andaramos] andaramus Víñez Sánchez 2 andamos] andamus Víñez Sánchez 3 achamos] achamus Víñez Sánchez 4 infanções quaes] infanções quais Lopes : [taes] infanções quais Littera 7 burlan] burlhan Víñez Sánchez; chegamos] chegamus Víñez Sánchez 9 maravilhamos] maravilhamus Víñez Sánchez 10 chamamos] chamamus Víñez Sánchez 11 amigos] amigus Víñez Sánchez 13 Santa] Sancta Víñez Sánchez 14 albergamos] albergamus Víñez Sánchez 15 Sempre De[u]s] E ssempre Víñez Sánchez 16 façamos] façamus Víñez Sánchez 17 filhamos] filhamus Víñez Sánchez 20 grand’a] grand[e] a Lapa, Littera 21 damos] damus Víñez Sánchez
(I) En gran aflición andariamos co rei por esta terra onde con el andamos, se non fose que quixo Deus que achásemos uns infanzóns tales como eu vos direi, que entran connosco no reparto dos dons cada día e xantan e cean con gran empeño e burlan a corte en cada lugar a onde chegamos.
(II) Non coñezo tales tipos de infanzóns e todos nos marabillamos deles; e, aínda que os chamamos infanzóns, vede, amigos, o que vos direi: eu non os tería por infanzóns, aínda que o son, por graza de Santa María e de San Xián, eses con quen albergamos.
(III) Sempre rogarei a Deus pola vida deles, e é xusto que todos o fagamos, xa que de todos eles tanto amor recibimos na súa terra canto vos eu direi: calquera deles nos fixo canto debía facer, mais a nosa loucura é tan grande que non lles damos grazas ningunhas por iso.
Esquema métrico: 10a 10’b 10’b 10a 10’c 10’c 10’b (= RM 163:22)
Encontros vocálicos: 1 coita‿andaramos; 13-14 Ma·ri·a/‿e; 20 ma·is
Na lección <burlhan>, conservada na edición de Víñez Sánchez, moi probabelmente se produciron dúas confusións en cadea. En primeiro lugar, a frecuente grafía <ll> na secuencia <rll> que se detecta en formas como arlotas <arllotas> BV (392.9), burlado <burllado> B (1606.14); canterlada <canterllada> BV (1359.3 e 13 <canterlhada> V; 1362.r3; 1366.36 <cancerllada> B) e canterladuras <cãterlladuras> B (1575.12); burlado <burllado> B (1606.14); escarlata <escarllata> BV (1634.14); parlar <parllar> B (1558.7); Morpirler <morpirller> (1673.15 e 26 <mõ pirller> B, <mõ pilher> V). A partir de aquí, o erro gráfico <lh>/<l>, que aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olhas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo do corpus. Cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
Nótese que a interpolación pronominal (e pero os infanções chamamos) fai que os aparente ser un artigo cando é pronome (= e pero infanções os chamamos).
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus> v. 11, <albergamus> v. 15); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
O decasílabo implica unha episinalefa da copulativa inicial (Maria/‿e), visto que Juião computa como cuatrisilábico e que non permite sinalefa (*que‿albergamos).
A aparición de San Juião neste verso en que comparece o verbo albergar talvez se deba a que san Xián o Hospitaleiro fixo penitencia póndose ao servizo dos peregrinos (Boullón Agrelo 2022: s.v. [consult. 16-07-2024]).
A métrica indica a conveniencia de expunxir a conxunción copulativa inicial, vista a alta frecuencia de presenza adventicia da copulativa nesa posición, como proban diversas pasaxes ao longo do corpus con testemuño diverxente dos manuscritos. Véxanse, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).
Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais ~ máis era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c).
O provenzalismo folia concorre no corpus das cantigas co minoritario loucura (117.9, 360.5, 772.15, 1326.21, 1410.17, 1451.13, 1575.24).