(I) En gran aflición andariamos co rei por esta terra onde con el andamos, se non fose que quixo Deus que achásemos uns infanzóns tales como eu vos direi, que entran connosco no reparto dos dons cada día e xantan e cean con gran empeño e burlan a corte en cada lugar a onde chegamos.
(II) Non coñezo tales tipos de infanzóns e todos nos marabillamos deles; e, aínda que os chamamos infanzóns, vede, amigos, o que vos direi: eu non os tería por infanzóns, aínda que o son, por graza de Santa María e de San Xián, eses con quen albergamos.
(III) Sempre rogarei a Deus pola vida deles, e é xusto que todos o fagamos, xa que de todos eles tanto amor recibimos na súa terra canto vos eu direi: calquera deles nos fixo canto debía facer, mais a nosa loucura é tan grande que non lles damos grazas ningunhas por iso.