1409 [= RM 60,3]
Amigas, eu oi dizer

Amigas, eu oi dizer
que lidaron os de Mouron
con aquestes d’el-rei, e non
poss’end’a verdade saber:
se é viv’o meu amigo,
que troux’a mia touca sigo.
Se me mal non estevesse
ou non fosse por enfinta,
daria esta mia cinta
a quen m’as novas dissesse:
se é viv’o meu amigo,
que troux’a mia touca sigo.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Esta cantiga fez Don Gonçal’Eanes do Vinhal a Don Anrique en nome da rein[h]a Dona Joana, sa madrasta, porque dizian que era seu entendedor quando lidou en Mouron con Don Nuno e con Don Rodrigo Afonso, que tragia o pode[r] d’el-rei.

Manuscritos


B 1390 (f. 297r, col. b), V 999 (f. 160r, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 132); Lagares (2000: 123 [rúbrica]); Lopes (2002: 180); Víñez Sánchez (2004: 188 [= LPGP 362]); Littera (2016: I, 415).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 343); Braga (1878: 188); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 331); Machado & Machado (1958: VI, 128).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 211-212); Seoane (1941: 81-82); Fernández Pousa (1951: 77-78); Álvarez Blázquez (1975: 136-137); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 75); Diogo (1998: 125).

Variantes manuscritas


Rúbrica: Don Gonçal’] đo gōcal V; Anrique] auriqȝ V; sa] ca V; e] et V; quando] ꝙ̄do V; Afonso] affoñ V

Texto:
1 oi] ay V   6 troux’] trou\x/ V   7 estevesse] ēstēuesse B   12 troux’] t̃ux V

Variantes editoriais


Rúbrica: Gonçal’Eanes do Vinhal] Gonçal[o] Eanes do Vinhal Nunes : Gonçal’ Eanes Dovinhal Víñez Sánchez; rein[h]a] reina Víñez Sánchez; Don Nuno e con] om. Lopes, Littera; tragia] tragia[n]] Lagares

Paráfrase


(I) Amigas, eu ouvín dicir que os de Morón de la Frontera guerrearon con estas tropas do rei, e non podo saber con certeza se está vivo o meu amigo, que levaba a miña touca consigo.
(II) Se non me prexudicase ou non fose mal interpretado, daría este meu cinto a quen me dixese novas: se está vivo o meu amigo, que levaba a miña touca consigo.

Don Gonçal’Eanes do Vinhal fixo esta cantiga a Don Henrique en nome da raíña Dona Joana, súa madrasta, porque dicían que era o seu amante, cando guerreou en Morón de la Frontera con Don Nuno e con Don Rodrigo Afonso, que viña ao mando do exército do rei.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 7’C 7’C (I [= RM 160:399]) + 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (II [= RM 160:449])

Notas


Rúbrica
  • É clara a relación, mesmo coincidencia, desta rúbrica coa da cantiga UC 1418, composta por volta dos mesmos feitos.

Texto
  • *

    Esta composición, igual que UC 1418, tamén de Gonçal’Eanes do Vinhal, presenta un carácter híbrido entre cantiga de amigo e cantiga de escarnio (nótese a presenza de rúbrica, frecuente en cantigas satíricas). Nela alúdese á suposta relación de Dona Joana, segunda esposa de Fernando III e madrasta de Afonso X, co irmán do rei sabio, D. Henrique. En 1259, D. Henrique tivo de renunciar ao señorío de Mourón (Morón de la Frontera, en Cádiz), concedido por Fernando III, por imposición de seu irmán, Afonso X. A partir deste feito, Henrique, aliado con outros nobres e con apoio de Xaime I de Aragón, iniciou unha revolta en 1255 que durou varios anos, acabando exiliado en 1259 (véxase UC 1418), após o enfrontamento co exército afonsino, feito a que se alude na presente composición.
    Rodrigo Afonso, medio irmán de Fernando III e tío de Afonso X, xunto con Nuno González de Lara, fillo do conde Gonzalo Núñez de Lara e de María Díaz de Haro, dirixían as tropas reais que se enfrontaron ao exército de Don Henrique e o derrotaron preto de Lebrija. Véxase a obra clásica de Ballesteros-Beretta (1963: 104-121) e tamén, a modo de síntese recente, Marcenaro & González (2024: s.v. Anrique, Don; Johana, DonaMouron; Nuno, DonRodrigo Afonso).

  • 8

    Enfinta ‘finximento, engano, presunción’ é voz case exclusiva da lírica profana (véxase CGPA, s.v. enfinta, emfimta). 

  • 9

    A cinta é o cinto con que se apertaba a camisa ou o vestido á cintura. Por ese uso como ataxe, foi tomada, tal como a corda da camisa, como símbolo de unión e de fidelidade entre os namorados, que se intercambiaban cintas e anacos de cordas para mostrar que o amor era correspondido.
    Nesta cantiga, a touca (no refrán) tamén forma parte das doas entregadas pola amiga ao amigo. Na realidade, ambas as dúas, toucas e cintas, aparecen sempre asociadas nas tres cantigas de amigo en que se documentan (UC 760, 920, 1100).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado