I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 338-339 [= LPGP 467-468]); Lopes (2002: 228); Littera (2016: I, 545-546).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 342-343); Braga (1878: 188); Machado & Machado (1958: VI, 126-127).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 241); Tavares & Miranda (1987: 265-266); Alonso Girgado (1992: 40); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 138).
1 cavaleiro á ‘qui] caualeyraqui B; entendença] entendenca B : entendenza V 2 eu] en B 4 entença] entenca B : entenza V 7 sabença] sabenca B 8 ren ... vença] ten ... uēca B 11 mença] mēca B 14 sofrença] sofrēca B 15 conhocença] conhocenca B 16 sabe] sabel V; seu] sen BV 18 femença] femenca B 24 peitar] peirar B 25 peita ... aveença] Peirar ... aueenca(l) B 27 tan] iā V
3 dev’a fazer] deva fazer Lopes 4 entença] en tença Lapa 6 ben-fazer] bem fazer Lopes, Littera 9 outr[o] aguisado] outro [a]guisado Lopes, Littera 16 seu conhocer] sem-conhocer Littera 21 scient’, é] cienç’, é Lapa, Lopes, Littera 26 nen un] nẽum Littera
(I) Un cabaleiro ten aquí tal comportamento cal vos agora eu quero contar: fai pesar cando debe facer pracer, e toda a súa cortesía é liorta, e ao que lle preguntan responde outra cousa, e o seu facer ben é facer mal, e todo o seu saber é ignorancia.
(II) E non debate sobre nada do que se deixe convencer aínda que o outro lle fale con bos argumentos, e fala sen xeito cando debe calar, e nunca di unha verdade sen que minta máis, e, cando lle piden opinión razoada, erra, aínda que é manso cando debe facer o contrario, e cando debe sufrir non ten resistencia.
(III) Alén diso, tamén fala sempre como moi coñecedor que sabe mostrar moi ben o seu saber, e dorme cando debe espertar, e pon máis empeño alí onde menos sabe, e, se di algo con xeito, logo se afasta diso, e, cando lle acontece algunha cousa en que lle sexa preciso entendemento, carece de discernimento.
(IV) E non lle fan mal de que se resinta, antes deixa que pase así o asunto, e aos que lle debían pagar recompensa págalles el para chegar a acordo, e di que a honra non vale nada; mais Deus, que o fixo tan fóra do común, lle queira dar, por saúde, doenza.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:150)
Encontros vocálicos: 1 cavaleiro‿á; 21 sci·en·t’é, ci·en·ça
A pesar da prioridade concedida a B, mantemos a integridade de cavaleiro (lección de V, que implica sinalefa) por non se rexistrar nunca con crase ao longo do corpus.
Nalgúns encontros vocálicos, o adverbio aqui provoca por veces perda da vogal final do vocábulo anterior cando acaba en -a (di’aqui, 1031.1; verri’aqui, 215.18), mais presenta a forma ‘qui, con elisión da vogal inicial, noutros encontros coas formas verbais (tónicas) á (á ‘qui, 278.1, 1408.1, 1473.12) e mais é (é ‘qui, 658.2, 1382.1). Fóra da produción poética, existe tamén algunha ocorrencia da forma reducida deste adverbio:
Eu Sueyro Pérez, notario sobredicto, a fiz escrivir e poño qui meu sigño en testimuyo de verdade (doc. 1278; Fernández de Viana 1994: 37).
Nótese como entendença ‘entendemento’ é derivado nominal de entender co sufixo -nça, tal como conhocença (véxase v. 15), fronte á posterior consolidación co sufixo -mento.
A voz entença ‘pleito, demanda, disputa’ é antónimo de entendença (v. 1). Conforme Corominas, este termo comparte orixe con entençon, procedente do b. lat. intentione, con troca prefixal do lat. contentionem, de onde procede tençon (cfr. Corominas & Pascual 1981-1991, s.v. tender).
A formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’, derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor, constitúe unha formación nominal (similar a ben-querer), frecuente no corpus das cantigas. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media:
Ca o escudeiro que anda con algun senhor e o senhor lhe non dá encarrego de seus feitos, como encomendando-lhe ofiçio ou mandando recadar algũas cousas, sempre seu bemfazer está en ventura (Livro de Monteria; cfr. CGPA, ed. A. de Almeida Calado).
e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 355-356).
Milhor cousa he padecer por uerdade tormẽto que per louuaminha e per adulaçom gaanharem bemfazer (Orto do Esposo; cfr. CGPA, ed. B. Maler).
ca veemos que alguũs synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Livro das Confissões; Martín Pérez 2012-2013: 367).
Fronte ao cultismo sapiencia, a voz sabença é formación romance sobre saber + -nça, tal como entendença (v. 1) ou conhocença (v. 15). Na lingua medieval conviven as dúas formas (véxase CGPA, s.v. sabença, sabẽça; sapiencia, sapiençia).
A voz vervejar é derivado romance de vervo (< verbum ‘palabra’) + -ejar. Só localizamos outra ocorrencia de vervejar na Demanda do Santo Graal:
– Ai, dom cavaleiro! dissi Eliezer, ja per esse vervejar nom escaparedes (cfr. CGPG, ed. I. Freire Nunes).
Cousimento ‘discreción, siso’ é voz de orixe provenzal usada con relativa frecuencia, fundamentalmente nas cantigas de amor (36.26, 38.1, 110.4, 116.22, 117.15 e 18, 156.2, 978.2, 1062.11), xunto cos verbos cousir e cousecer (véxase UC/Glosario, s.v.), da mesma familia semántica e de amplo uso no corpus trobadoresco. Véxase García-Sabell Tormo (1991: 103-105).
Nótese a grafía latinizante en sciente (a semellanza dalgúns verbos de orixe incoativa coa terminación -scer, véxase nota a 117.19) cando é utilizado como substantivo, co valor de ‘entendemento’ (tamén en 68.11), face a ciente na locución adverbial a ciente (véxase nota a 475.32) e mais na frase formularia (a)quanto é meu ciente (véxase nota a 1328.11).
Fronte a múltiplas aparicións da voz erudita ciencia no período medieval, só esta forma ciença, de que non achamos máis ocorrencias, mostra un tratamento popularizante, talvez impelido pola rima -ença en que proliferan derivados románicos (entendença, entença, sabença, sofrença, conhocença), con formas verbais (vença, mença) ou de formas derivadas de bases latinas: vehementiam > femença (v. 18); advenientiam > aveença (v. 25). Véxase CGPA, s.v. ciencia, ciençia, sciencia, sciençia...
Peitar ‘pagar (un tributo)’ (tamén no v. 25) é verbo derivado de *pactāre, derivado de pactum.
Aveença é documentación única no corpus das cantigas profanas. Procede do lat. advenire, a través de *advenientia, cuxo resultado xeral absolutamente maioritario presenta pechazón da vogal tónica por nasal trabante (véxase CGPA, s.v. aveença ~ aueença, aviinça ~ auiinça...).
Tal substantivo non era moi frecuente no período medieval a teor das documentacións no CGPA, onde só se recollen unha decena de rexistros (véxase s.v. conhocença, connocença, conocença).