(I) Un cabaleiro ten aquí tal comportamento cal vos agora eu quero contar: fai pesar cando debe facer pracer, e toda a súa cortesía é liorta, e ao que lle preguntan responde outra cousa, e o seu facer ben é facer mal, e todo o seu saber é ignorancia.
(II) E non debate sobre nada do que se deixe convencer aínda que o outro lle fale con bos argumentos, e fala sen xeito cando debe calar, e nunca di unha verdade sen que minta máis, e, cando lle piden opinión razoada, erra, aínda que é manso cando debe facer o contrario, e cando debe sufrir non ten resistencia.
(III) Alén diso, tamén fala sempre como moi coñecedor que sabe mostrar moi ben o seu saber, e dorme cando debe espertar, e pon máis empeño alí onde menos sabe, e, se di algo con xeito, logo se afasta diso, e, cando lle acontece algunha cousa en que lle sexa preciso entendemento, carece de discernimento.
(IV) E non lle fan mal de que se resinta, antes deixa que pase así o asunto, e aos que lle debían pagar recompensa págalles el para chegar a acordo, e di que a honra non vale nada; mais Deus, que o fixo tan fóra do común, lle queira dar, por saúde, doenza.