I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 566); Blasco (1984: 263 [= LPGP 826]); Lopes (2002: 413); Marcenaro (2012b: 386); Littera (2016: II, 372-373).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 339); Braga (1878: 186); Fernández Pousa (1953: 34); Machado & Machado (1958: VI, 116).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 200); Tavares & Miranda (1987: 305).
1 alberguei] al\ber/guey V 2 Lagares] lagres B 3 chuvia] ehunha B 4 prougu’a] pronga B 5 -mi assi] massy V 6 venden] uende(l) V 7 Paaio] pa(n)y0 B; ia] huya B 8 qual] q̄l V 9 juiz] uiyz V 11 juiz] uiyz V 12 Fernandez] fernandes B 13 cabo] ta bo B : tabo V 15 Se o] Se eu o B; juiz] uiyz V 17 errei] eirey B 18 juiz] uiyz V 20 e] \e/ V 21 via] uyal V
1 que ben [eu]] que ben Lapa, Blasco, Lopes, Littera : [e] que ben Marcenaro 5 mi assi] m’assy Blasco 8 vos] vus Blasco 10 nen un] nẽum Littera; dinheiro] dĩeyro Blasco : dĩeiro Lopes, Marcenaro, Littera 12 Fernandez] Fernandes Littera; [e] saío] saíu Lapa, Lopes, Littera : saio Blasco, Marcenaro; a min] [contr]a mi Marcenaro 13 -m[e]] m’[un] Lapa, Marcenaro : m’ Blasco : m’[um] Lopes, Littera 14 compre[i]] compre Blasco, Marcenaro : comprar Lopes, Littera 15 Se o juiz] Se eu o juiz Lapa, Blasco, Lopes, Marcenaro, Littera 17 escorecia] escurecia Lapa, Lopes, Marcenaro, Littera 18 guario] guariu Lapa, Lopes, Littera 19 tardi] tard’i Blasco 20 saío] saiu Lapa, Lopes, Littera 21 omilhou] omiliou Marcenaro
(I) Noso Señor! Que ben me alberguei o outro día cando cheguei a Lagares no medio dunha grande chuvia que caía, porque Deus quixo que encontrase o xuíz Martín Fernándiz; e díxome así: «Pan e viño venden alí en San Paio» (cara a onde eu ía).
(II) En gran aflición estaría, como vos direi: se non achase o xuíz, que faría? Porque eu non traía ningún diñeiro; mais Deus tivo a ben que encontrase o xuíz Martín Fernándiz, e saiume ao camiño e mostroume unha pousada preto da súa casa onde comprei canto precisaba.
(III) Se non encontrase o xuíz, non pasaría a noite como a pasei, ben o sei, porque errei o camiño cando xa me escurecía; mais salvoume o xuíz que achei: aínda que eu tardei en coñecelo, recoñeceume el e veu cara a min, e saudoume cunha reverencia e mostroume o camiño.
Esquema métrico: 3 x 10a 10’b 10’b 10a 10c 10c 10’b (= RM 163:20)
Encontros vocálicos: 3 chu·vi͜a; 5 -mi‿assi; 12 sa·i͜o; 18 gua·ri͜o; 20 sa·i͜o; 21 -mi‿e, -mi‿a
Esta cantiga está incluída no conxunto de composicións escarniñas de Pero Garcia Burgales (UC 1390-1403), feito indicado pola rúbrica que antecede UC 1390: Pero Garcia fez estas cantigas, e son d’escarnh’e de mal dizer.
Nótese, por outra parte, que a palabra rimante do cuarto verso é achei en todas as estrofas.
Nesta composición comparecen dous topónimos: Lagares (v. 4), San Paaio (v. 7). Son topónimos frecuentes que non dispoñen dunha identificación segura. Con todo, eis as palabras de Littera sobre unha posibilidade localización en Lagares da Beira (no concello de Oliveira, Coimbra) da escena da cantiga: «É provável que a cena se passe em Portugal, perto de Oliveira do Hospital, onde, de facto, há duas povoações próximas com os topónimos referidos (Lagares e S. Paio de Gramaços). A ser assim, é possível que a composição date dos inícios de 1247, quando o infante Afonso de Castela entra em Portugal com a sua hoste, na tentativa de acorrer ao malogrado D. Sancho II» (consult.: 07/02/2022).
A métrica delata a ausencia de unha sílaba no íncipit, que ben pode ser eu, factíbel paleograficamente pola secuencia <ben eu>, que facilitaría a súa omisión por contigüidade e semellanza entre <en> e <eu>. Cfr. nota ao v. 15.
Nótese a presenza da forma chuvia, variante anterior á metátese (chuiva), aínda maioritaria nos textos medievais. Véxase CGPA, s.v. chuvia, chuvha, chuuia; chuiva, chuyva.
Martin Fernandiz, tamén no v. 12, é un xuíz non identificado.
Todos os editores manteñen o pronome eu no verso, cuxa expunción achamos necesaria pola imposibilidade de sinalefa da condicional (véxase Ferreiro 2013b). Ademais, o pronome eu, que deste modo fica cunha distribución regular na cantiga (I, vv. 1, 7; II, vv. 1, 3; III, vv. 3, 5), con frecuencia aparece espuriamente introducido no texto; por exemplo, así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.
A forma escorecer mostra unha vacilación vocálica que achamos nalgunhas ocorrencias do substantivo correspondente. Asi, véxase escoridade no Orto do Esposo (CGPA, ed. B. Maler):
O primeyro luguar he o carcer ẽfernal treeuoso e cuberto de escoridade de morte, ẽno qual nõ falece nehũa cousa de escoridade e de tormẽto.
Nesta mesma obra tamén se atesta a voz escoridam:
asy como as carnes da bibera pera a triagua e o fel do touro e das outras animalias e aues pera tirar a escoridam dos olhos.
A variante escoridõe en obras do século XV, como a Crónica de D. João I, de Fernão Lopes, e mais no Tratado de Confissom, ben como na Demanda do Santo Graal (véxase CGPA, s.v., ed. I. Freire Nunes):
Entom viu o tendilhom e quanto i havia voar pelo aar e depós ele ũa escoridõe, como s’i todolos [diaboos] do Inferno fossem
A vogal final -i de tardi (tamén en 1008.16, 1115.17, 1430.34), a convivir con tarde (só en 573.3 e 1115.3), tamén aparece nos adverbios longi (véxase nota a 33.6) e eiri (véxase nota a 114.9), talvez por influencia deste (Mariño Paz 2009: 83). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).
Os termos omilhar-se e via permitirían unha segunda lectura en clave sexual, aínda que o sarcasmo da cantiga radica en que o xuíz se mostrou moi atento con el, indicándolle onde podería cear e pasar a noite, cando o propio dun home do seu estatus sería convidar o importante viaxeiro á súa propia casa.