(I) Noso Señor! Que ben me alberguei o outro día cando cheguei a Lagares no medio dunha grande chuvia que caía, porque Deus quixo que encontrase o xuíz Martín Fernándiz; e díxome así: «Pan e viño venden alí en San Paio» (cara a onde eu ía).
(II) En gran aflición estaría, como vos direi: se non achase o xuíz, que faría? Porque eu non traía ningún diñeiro; mais Deus tivo a ben que encontrase o xuíz Martín Fernándiz, e saiume ao camiño e mostroume unha pousada preto da súa casa onde comprei canto precisaba.
(III) Se non encontrase o xuíz, non pasaría a noite como a pasei, ben o sei, porque errei o camiño cando xa me escurecía; mais salvoume o xuíz que achei: aínda que eu tardei en coñecelo, recoñeceume el e veu cara a min, e saudoume cunha reverencia e mostroume o camiño.