I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 452 [= LPGP 686]); Lopes (2002: 329); Pousada Cruza (2009: 378); Pousada Cruzb (2013: 297); Littera (2016: II, 189).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 335); Braga (1878: 184); Machado & Machado (1958: VI, 106); Camargo et alii (1995: 84).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 48-49); Álvarez Blázquez (1975: 66); Landeira Yrago (1975: 160); Tavares & Miranda (1987: 250); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 172).
2 antig’é] antig a B : antiga V 3 un] huu B 4 a] ꝑa BV 6 repost[e] ... pousadeiro] respost ... posadeiro V 9 aguardaron] g̃rdarom V 11 enmiigos] en iimigos B 14 terra] teira B
2 [aqu]este] este Littera, Pousada Cruza, Pousada Cruzb; antig’é verdadeiro] antig[o] é verdadeiro Littera : antig’á verdadeiro Pousada Cruzb : antig[o] á verdadeiro Pousada Cruzb 3 ricom’] ric’hom’ Lopes, Littera : ric’om’ Pousada Cruza, Pousada Cruz 4 a] pera Lapa, Lopes, Littera, Pousada Cruza, Pousada Cruzb 6 e sa repost[e]] e sa repost[a] Lapa : em sa respost[e] Lopes, Littera : e sa repost’ Pousada Cruza 8 el[e]] el Pousada Cruza : el [i] Pousada Cruzb, Littera 11 enmiigos] ẽmiigos Lapa : inimigos Pousada Cruza : enimigos Pousada Cruzb 13 minguarán] minguaran Lapa 16 [e] gran dereit’é] gran dereit’é Pousada Cruza : gran dereit[o] é Pousada Cruzb
(I) «As grandes mentiras, por longos camiños»: este antigo proverbio é verdadeiro, pois descubrín como mentireiro un nobre rico, indo eu de Valadolide a Toledo; achei as súas mentiras entrando en Olmedo, e o seu servizo doméstico e o seu pousadeiro.
(II) Estas (mentiras) son as que el enviara, sen contar as outras que ficaron con el, coas que paga aos que hai moito tempo que esperan; e tamén pagará con elas aos seus amigos, e aos seu inimigos, pois el é tal que nunca lle faltaron (as mentiras) (III) nin lle faltarán, porque as consegue moi baratas dunha terra moi grande que ten ben traballada, onde ninguén lle quita nada; e iso é moi xusto, porque el nunca obra mal: dá-lles mentiras como pagamento, en paz e en guerra, aos seus cabaleiros.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’c 10’c 10’b (= RM 193:3)
Encontros vocálicos: 4 Valedolide‿a; 5 a‿Olmedo; 7 en·vi·a·ra; 11 en·mi·i·gos
Este verso presenta, en primeiro lugar, un problema de hipometría que non é difícil de resolver, embora haxa varias alternativas, todas elas lexítimas, ademais da súa manutención sen unha sílaba (a primeira opción de Pousada Cruz): a recuperación da vogal final de antig[o] ou da conxunción copulativa e (este verv’antig’á, [e] verdadeiro, este verv’antig[o] á verdadeiro). Pola nosa parte, achamos, tal como Lapa e Lopes, que a aparición da forma reforzada do demostrativo no v. 7 xustifica a recuperación dunha sílaba con [aqu]este, para alén de considerar un erro <a>/<e> para introducir o verbo seer (é verdadeiro), xustificado pola subsecuente cláusula causal.
O vervo ‘proverbio popular’ que aparece no corpus, tamén se rexistra como elemento importante noutras composicións, con frecuencia no sintagma verv’antigo1 (Filgueira Valverde 1992: 168-169). Véxase 633.1, 697.16, 1124.4, 1312.4, 1407.19, 1521.7, 1640.4.
A lección dos manuscritos, coa preposición pera, implica un verso hipermétrico (dúas sílabas), delatando un probábel problema de transmisión. A isometría, manendo plenamente o sentido, conséguese coa emenda preposicional de <ꝑa> en prol de a, de modo que se poida realizar unha sinalefa: indo de Valedolide a‿Toledo.
Valedolide e Toledo eran as dúas importantes cidades do reino de Castela.
Olmedo era un burgo próximo a Valladolid, tamén no reino de Castela.
O contexto solicita o termo reposte (‘enxoval ou servizo doméstico’), atestado noutras cantigas (véxase UC/Glosario), que acae ben con pousadeiro. Esta é a forma estabelecida por Pousada Cruz en 2013, aínda que na paráfrase lle atribúe o valor de ‘resposta’. Esta voz rexístrase tamén en textos de Pero Gomez Barroso (1462.11, 1464.7 e 10), para alén da súa presenza nunha cantiga de Afonso X (458.2).
A palabra enmiigos (tamén en 1363.13) constitúe un dos resultados medievais de ĭnĭmīcōs, de contaxe cuatrisilábica en calquera caso. Obsérvese, ademais, que a forma inimigos de Pousada Cruz constitúe un anacronismo, por canto esta forma (latinizante) é moi tardía (cfr. CGPA, s.v. inimigo, inimiguo).
A variante menguar (tamén en 205.13, 1317.9, 1318.2 e 1624.9), sen pechazón da vogal palatal inducida pola nasal trabante (Ferreiro 1999: §13b.2), convive coa forma maioritaria minguar (presente no v. 13) e con outras variantes aínda menos utilizadas, como mingar (véxase nota a 1415.30) e mengar (véxase nota a 865.1). Cfr. nota a 11.17.
A reintegración da conxunción e no inicio do verso está sustentada pola moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.
Na Crónica Geral de Espanha de 1344 recibe o nome de palavra antiga, sinónimo do sintagma consagrado na lírica trobadoresca: querote dizer hũa palavra antiga que diz assy: «Sempre homem merca bem com o torpe e com o coytado» (Cintra 1952-1990: III, 383).