(I) «As grandes mentiras, por longos camiños»: este antigo proverbio é verdadeiro, pois descubrín como mentireiro un nobre rico, indo eu de Valadolide a Toledo; achei as súas mentiras entrando en Olmedo, e o seu servizo doméstico e o seu pousadeiro.
(II) Estas (mentiras) son as que el enviara, sen contar as outras que ficaron con el, coas que paga aos que hai moito tempo que esperan; e tamén pagará con elas aos seus amigos, e aos seu inimigos, pois el é tal que nunca lle faltaron (as mentiras) (III) nin lle faltarán, porque as consegue moi baratas dunha terra moi grande que ten ben traballada, onde ninguén lle quita nada; e iso é moi xusto, porque el nunca obra mal: dá-lles mentiras como pagamento, en paz e en guerra, aos seus cabaleiros.