1382 [= RM 97,4]
Con alguen é ‘qui Lopo desfiado

Con alguen é ‘qui Lopo desfiado,
a meu cuidar, ca lhi viron trager
un citolon mui grande sobarcado
con que el sol muito mal a fazer;
e, poi-lo ora assi viron andar,
non mi creades se o non sacar
contra alguen, que foi mal dia nado.
Porque o veen, atal desguisado
non o preçan nen o queren temer;
mais tal passa cabo del segurado,
que, se lh’i Lopo cedo non morrer,
ca lhi querra deante citolar
[.............................................. -ar]
e pois guarra a morte, sen [seu] grado.
E, pois lhi Lop[o] ouver citolado,
se i alguen chegar po-lo prender,
diz que é mui corredor aficado;
e, demais, se cansar ou se caer
e i alguen chegar po-lo filhar,
jura que alçará voz a cantar,
que non á ja que dulte, mal pecado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1364 (f. 291v, col. b), V 972 (ff. 154v, col. b, 155r, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 139); Lapa (1970 [1965]: 441 [= LPGP 642]); Lopes (2002: 315); Littera (2016: II, 141-142).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 332-333); Braga (1878: 183); Machado & Machado (1958: VI, 99-100).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 185-186); Diogo (1998: 59).

Variantes manuscritas


4 a] om. V   8 desguisado] desagisado BV   9 preçan] p̃zan V   10 segurado] τ segurado B   11 morrer] moirer B   12 querra] queira B   14 guarra] guaira B   15 lhi] mi V; citolado] acolado B   17 corredor aficado] coiredor afficado B : conedor officado V   20 alçará voz] a cara uos V   21 pecado] pc̄cado B : pecādo V

Variantes editoriais


3 grande sobarcado] gram sobarçado Lopes : gram sobarcado Littera   8 desguisado] desaguisado Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Lopes, Littera   9 non o] nõn’o Lopes   11 lh’i] lhi Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Lopes, Littera   12 ca] já Lopes, Littera   13 [fazendo-lhi seus cantares provar] Lapa   14 guarra] verrá Lapa, Lopes, Littera   15 pois lhi Lop[o] ouver] pois lhi Lop’ouver [ben] Lapa : pois [que] lhi Lop’houver Littera   18 se] om. Lopes, Littera   19 e] [s]e Bertolucci Pizzorusso   21 á ja que dulte] aja quen dulte Lapa : haja quem dulte Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Con alguén se retou Lopo aquí, segundo eu penso, porque lle viron traer un citolón moi grande baixo o brazo co que el adoita facer moito mal; e, xa que así o viron andar, non me creades se non é capaz de o sacar contra alguén malfadado de nacemento.
(II) Porque o ven, tal despropósito non o valoran ben nin o temen, mais calquera pasa ao seu lado, confiadamente, porque, se Lopo non lle morre alí ao momento, quereralle tocar a cítola diante [...] e despois librarase da morte, contra a súa vontade.
(III) E despois de que Lopo lle citolase, se alí chegase alguén para o prender, disque é moi bo corredor; e, ademais, se cansa ou se cae e alguén chega alí para o prender, xura que alzará a voz a cantar, porque, infelizmente, non hai xa nada que tema.

Métrica


Esquema métrico: 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= RM 100:22)

Encontros vocálicos: 1 des·fi·a·do; 5 oraassi

Notas


Texto
  • *

    Esta composición, xunto coas cantigas 1381, 1383 e 1384, todas elas a escarnecer o xograr Lopo, é alcanzada pola rúbrica que aparece na primeira da serie: «Outrossi fez estes cantares aposto a un jograr que dizian Lopo, e citolava mal e cantava peior; e son estes».

  • 1

    Nalgúns encontros vocálicos, o adverbio aqui provoca por veces perda da vogal final do vocábulo anterior cando acaba en -a (di’aqui, 1031.1; verri’aqui, 215.18), mais presenta a forma ‘qui, con elisión da vogal inicial, noutros encontros coas formas verbais (tónicas) á (á ‘qui, 278.1, 1408.1, 1473.12) e mais é (é ‘qui, 140.21, 658.2). Fóra da produción poética, existe tamén algunha ocorrencia da forma reducida deste adverbio: 

    Eu Sueyro Pérez, notario sobredicto, a fiz escrivir e poño qui meu sigño en testimuyo de verdade (Fernández de Viana y Vieites 1994: 37);

    Item por quanto somos ora emformado per os visitadores que atee qui forom neste bispado (Constituições de D. Diogo de Sousa, 1497; ed. Machado 2006-2013: 42).

    Lémbrese que desfiado é participio de desfiar ‘desafiar’.

  • 3

    O participio sobarcado ‘recollido ou posto baixo do brazo’ (cfr. e sobarcad’un velh’espadarron, 1489.15) é do verbo sobarcar, que non localizamos en máis textos, mais que é dicionarizado por Jerónimo Cardoso: Sobarcar, ou leuar debayxo do braço (cfr. CLP, s.v. sobarcar). Talvez a súa desaparición se deba á rápida confusión co verbo sobraçar, co mesmo significado, e con diversas atestacións xa desde a Idade Media, tanto nas cantigas profanas (cfr. e sobraçou o manto, 1638.5) como na prosa: no CGPA son recollidas diversas ocorrencias na Crónica Gerral Galega e mais na Crónica Geral de Espanha de 1344, así como na Crónica de D. Pedro de Meneses.

  • 4

    Na lingua trobadoresca o verbo soer aparece en complexos verbais (soer + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase 29.16, 371.28, 723.2, 817.14, 1074.42, 1621.9, 1622.8). Cfr. nota a 3.17.

  • 8

    A forma desaguisado xeraría un problema de medida que se resolve coa variante desguisado. O mesmo erro de copia pode verse en 56.12, 1185.7 ou 1643.3, xunto con 317.4, onde A presenta a lección correcta fronte a B. Alternativamente, tamén se podería pensar en atal / tal, elemento que se ve envolvido, por veces, en problemas métricos e de copia (véxase, por exemplo, 202.15 ou 285.19).

  • 10

    A locución prepositiva cabo de (tamén 149.5, 1342.17, 1388.5 e 7, 1507.15, 1509.5 e 1640.7) forma parte do conxunto de locucións construídas a partir da preposición cabo: de cabo (603.3), per cabo (1507.5) e en cabo de (1578.21). Cfr. nota a 326.19.

  • 11-12

    Nótese que a conxunción causal que se reitera, após unha frase parentética, no v. 11 coa variante ca, tal como acontece en diversas pasaxes do corpus (véxase 331.12, 1004.10-11 ou 1214.8-9): 

    mais tal passa cabo del, segurado,
    que, se lhi Lopo cedo non morrer,
    ca lhi querra deante citolar / [...].

  • 21

    Dultar, habitualmente co sentido de ‘temer’, é forma concorrente con duvidar nos textos medievais (do lat. dubitāre, véxase Ferreiro 1999: §17d.5); de todos os xeitos, as voces da familia lexical de dultar teñen escasa presenza na poesía trobadoresca profana, pois só volve aparecer dultança en 867b.29, xunto co participio dultado en 468.27 e o verbo dultar en 1382.21.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado