(I) Con alguén se retou Lopo aquí, segundo eu penso, porque lle viron traer un citolón moi grande baixo o brazo co que el adoita facer moito mal; e, xa que así o viron andar, non me creades se non é capaz de o sacar contra alguén malfadado de nacemento.
(II) Porque o ven, tal despropósito non o valoran ben nin o temen, mais calquera pasa ao seu lado, confiadamente, porque, se Lopo non lle morre alí ao momento, quereralle tocar a cítola diante [...] e despois librarase da morte, contra a súa vontade.
(III) E despois de que Lopo lle citolase, se alí chegase alguén para o prender, disque é moi bo corredor; e, ademais, se cansa ou se cae e alguén chega alí para o prender, xura que alzará a voz a cantar, porque, infelizmente, non hai xa nada que tema.