Outrossi fez estes cantares aposto a un jograr que dizian Lopo, e citolava mal e cantava peior; e son estes:
I. Edicións críticas: Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 137); Lapa (1970 [1965]: 440 [= LPGP 644]); Lagares (2000: 162 [rúbrica]); Lopes (2002: 314); Littera (2016: II, 140-141).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 332); Braga (1878: 182-183); Machado & Machado (1958: VI, 98-99).
III. Antoloxías: Torres (1977: 483); Tavares & Miranda (1987: 185); Marcenaro (2006: 134-136); Magalhães (2007: 131); Gutiérrez (2023: 27, 345).
3 algo] ago B 9 don] doo V 11 seu] sen B 17 desse] disse BV 18 ois[s]e] oy sol B : oy sol V
Rúbrica: aposto] aposto[s] Lopes, Littera; jograr] jogral Lopes, Littera; e son estes] om. Lapa, Lopes
Texto:
Na edición de Bertolucci Pizzorusso a lacuna textual está situada entre os vv. 13 e 14.
1 temperar] tenprar Bertolucci Pizzorusso 3 [e] om. Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Lopes, Littera 8 temperou] tenprou Bertolucci Pizzorusso 10 leixasse; el cantou] leixass’e cantou Bertolucci Pizzorusso : leixass’, e el cantou Lapa, Lopes, Littera 12 [–Pera leixar de cantar] Lapa, Lopes, Littera 13 dé] dê Lopes, Littera 14 endoado] endõado Bertolucci Pizzorusso 15 eu] en Bertolucci Pizzorusso 20 jograr] jogral Lopes, Littera
Outrosí (Martín Soárez) fixo apropiadamente estes cantares a un xograr chamado Lopo e que tocaba mal a cítola e cantaba peor; e son estes:
(I) Foi Lopo afinar a cítola para a tocar e mandáronlle dar algo con tal de que a deixase, e entón el cantou logo, e déronlle tamén outro presente con tal de que calase.
(II) Cando afinou a cítola logo o presente lle foi dado para que a deixase; el cantou, e díxolle un seu criado: «[...], déalle algo tamén aquel a quen lle pese: non cale de balde.
(III) Daba eu un moi bo consello a quen el lle pedise pagamento: que llo dese logo e, de maneira ningunha, ouvise o seu cantar, porque este é, ai meu señor, o xograr bradador que nunca unha boa melodía entoou».
Esquema métrico: 8a 6’b 7a 6’b 7c 7c 6’b (cfr. RM 101:67)
Encontros vocálicos: 10 leixasse;‿el
A copulativa inicial é necesaria para completar a medida do verso, heptasilábico agudo (como os vv. 5-6), tendo en conta, ademais, a súa frecuente omisión por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).
A imposibilidade de sinalefa coa copulativa e (Cunha 1982: 32-47, 99-128) fai con que non se deba segmentar a conxunción neste verso, para permitir a sinalefa leixasse‿el.
A voz malado ‘criado, servente’ só volve aparecer nunha cantiga de Joan Soarez Coelho:
nen fiar’o senhor [e]no malado
nen o malado [e]no senhor ren (1423.15-16).
Non é voz común na Idade Media, e só achamos malado nos Foros de Garvão, do século XIII:
salueselj na cruz cõ do(us) hom(e)s q(ue) nõ seiã malados Alẽos nẽ falsos nẽ destestados (...) Et se o Cauall(e)i(r)o ou peom ou hom(e) solteyro ferir a malado allẽo aía con el meyo ioyzio (...) e se o malado AllẼo A Cauallo Aía Juyzo d(e) peõ p(or)que e mallado allẽo (cfr. CIPM, s.v.).
Os vv. 1 e 8, iniciais das estrofas I e II, indican que esta cantiga está construída de modo que o verso inicial de cada estrofa presenta máis unha sílaba a respecto dos restantes versos da composición. Neste sentido, a edición de Bertolucci Pizzorusso, consciente do problema métrico, reduciu temperar a un inexistente temprar; é por isto que resulta ecdoticamente máis fundada a reintegración de mui, adverbio presente en conselhar mui ben, que se rexistra con relativa frecuencia no corpus (7.30, 487.1, 791.1...). Para alén disto, os cancioneiros achegan pasaxes en que os testemuños son diverxentes verbo da presenza / ausencia do adverbio mui (A vs. BV: 400.13, 421.19; B vs. A: 194.4; BV vs. A: 421.13; B vs. V: 1184.3).
As edicións precedentes coinciden na emenda de <disse>, lección talvez condicionada polo pedisse do verso anterior, en prol de desse, de modo que se estabelece a correlación dar - pedir: nesta estrofa o trobador aconsella a aquel a quen o xogral pedise don, que llo dese, mais non para escoitalo, senón para non o ouvir cantar.
A familia lexical de braadar (braado, braador) está ben representada en toda a produción textual medieval (véxase CGPA, s.v.). Braadar 'bradar, berrar' procede de *balatrāre, derivada de balatro,-onis (cfr. Corominas & Pascual 1980-1991: s.v. baladrar).