Outrosí (Martín Soárez) fixo apropiadamente estes cantares a un xograr chamado Lopo e que tocaba mal a cítola e cantaba peor; e son estes:

(I) Foi Lopo afinar a cítola para a tocar e mandáronlle dar algo con tal de que a deixase, e entón el cantou logo, e déronlle tamén outro presente con tal de que calase.
(II) Cando afinou a cítola logo o presente lle foi dado para que a deixase; el cantou, e díxolle un seu criado: «[...], déalle algo tamén aquel a quen lle pese: non cale de balde.
(III) Daba eu un moi bo consello a quen el lle pedise pagamento: que llo dese logo e, de maneira ningunha, ouvise o seu cantar, porque este é, ai meu señor, o xograr bradador que nunca unha boa melodía entoou».