Outrossi fez este cantar de mal dizer aposto a ũa dona que era mui meninha e mui fremosa, e fogiu ao marido; e a el prazia-lhi.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 400); Pellegrini (1969: 28-29 [= LPGP 594]); Lagares (2000: 151 [rúbrica]); Lopes (2002: 278); Littera (2016: II, 57).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 327-328); Braga (1878: 180); Machado & Machado (1958: VI, 84-85); Lapa (1964: 11-12); Souto Cabo (2012c: 129-130).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 82); Diogo (1998: 266); Magalhães (2007: 129).
Rúbrica: e mui] om. V; fremosa] fermosa B; fogiu] fogui B; a] om. B
Texto:
2 Marinha] marmha B 3 seu] a seu BV 4 a pastorinha] assa pastor mha B : assa pastormha V 6 aja] ala B 7 fogir] fugir V 10 tan] cā V 15 sabor] saber BV 16 guerra] guarir BV 18 verra] Veira B; nossa] aossa V
Rúbrica: meninha] menina Lapa, Lopes; fremosa] fermosa Lapa
Texto:
En Lopes e Littera o v. 5 de todas as estrofas é considerado parte do refrán.
1 ũa] una Pellegrini 15 [Vedes]] om. Pellegrini 16 averen ambos] aver em ambus Pellegrini 18 à] a Lapa, Pellegrini, Lopes, Littera 20 quen] que Pellegrini
Outrosí fixo este axeitado cantar de mal dizer a unha dama que era moi nova e moi fermosa e que lle fuxiu ao marido; e a el agradáballe moito iso.
(I) Moito pracer sinto por unha cousa que fixo Dona Marinha: non ama o seu marido e a mociña soubo fuxir. Maldito sexa quen non sirva unha dona fermosa que fuxiu.
(II) Ela fixo o mellor nese caso, grazas a Deus: saber fuxir ao seu marido, unha mulleriña tan nova. Maldito sexa quen non sirva unha dona fermosa que fuxiu.
(III) Vede cal é o meu gozo: teren guerra entre ambos e moi axiña a miña señora ha vir á nosa terra vivir. Maldito sexa quen non sirva unha dona fermosa que fuxiu.
Esquema métrico: 3 x 7a 6’b 7a 6’b 2c 7C 8C
A etiqueta “maldizer aposto” foi proposta por Videira Lopes (1994: 137-160), considerándoa como unha nova categoría do escarnio. O “maldizer aposto” definiríase pola atribución do discurso crítico a unha voz allea, pola entrega da palabra ao propio satirizado ou pola transcrición dun diálogo que pon en solfa os protagonistas e apoiaría a súa existencia nas rúbricas explicativas que acompañan esta cantiga e mais UC 1376, de Martin Soarez.
Xa en 2004, Elsa Gonçalves, que engadiu a rúbrica de UC 1381, non considerada por Lopes, chamou a atención para a inexistencia de tal categoría xenérica, que, en palabras da estudosa, “é uma invenção resultante do mau entendimento do sentido que o vocábulo aposto tem nas três rúbricas explicativas dos cancioneiros coloccianos em que aparece” (2016 [2004]: 395-396), “uma designação fantasma” dado que “aposto é apenas um vocábulo com significado retórico e função valorativa”, isto é, ‘belo, vistoso, conveniente, apropriado’ (ib.: 404]).
A eventual relación entre esta Marinha de Lopo Lias e a ambigua Marinha de Fernan Paez de Tamalancos (UC 51), dous trobadores con fortes lazos xeográficos e contextuais, foi sinalada por Souto Cabo (2012c: 118-119), embora sexa unha opción arriscada esa eventual identificación (véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Marinha, Dona).
A métrica indica que nestes versos é necesaria a expunción de dous elementos, foneticamente reducidos, que con frecuencia se detectan como excedentes no texto. En primeiro lugar, a preposición a no v. 3, neste caso desnecesaria para introducir o CD de querer, con diversas adicións similares ao longo dos cancioneiros: 68.1, 197.4 e 225.2 (B vs. A), 1000.20 (BV vs. A), 1100.4 (V vs. B) ou 741.7 (BV). Por outra parte, o posesivo sa de pastorinha, similar a outras presenzas adventicias dese pronome (véxase, por exemplo, 74.26).
O Cancioneiro da Vaticana fornece a variante fugir (< fŭgĕre), forma aínda minoritaria fronte a fogir de B, que mostra un proceso de asimilación e harmonización vocálica ([o...í] > [u...í]) que afecta tamén as formas conxugadas; un proceso similar verifícase noutros verbos con representación no corpus profano: bulir (vs. bolir), cuspir (vs. cospir), destruir (vs. destroir), nuzir (vs. nozir); o mesmo acontece coas formas avurrido ou fugido. Cfr. nota a 460.2.
Nótese a sufixación diminutiva de molher, cunha variante alomórfica de -inho, en que intervén un elemento de unión, que non existe, por exemplo, noutra voz coa mesma estrutura, cal pastor (pastorinha).
A reintegración de Vedes (qual) é solicitada polo contexto explicativo que segue despois, pois igual expresión podemos achala ao longo do corpus: 193.18, 414.14, 1215.1, 1506.11.
Por outra parte, o mesmo erro saber / sabor rexístrase noutras pasaxes do corpus profano trobadoresco: 88.25 (B vs. A) e 879.18 (V’ vs. BV); e inverso en 97.26 (B).