Outrossi trobou a ũa dona que non avia prez de mui salva; e el disse que lhi dera de seus dinheiros por preit’atal que fezesse por el algũa cousa, e pero non quis por el fazer nada; e por én fez estes cantares de mal dizer.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 401); Pellegrini (1969: 30 [= LPGP 589-590]); Lagares (2000: 152 [rúbrica]); Lopes (2002: 279); Littera (2016: II, 57-58); Arias Freixedo (2017: 255).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 328); Braga (1878: 180); Machado & Machado (1958: VI, 86); Lapa (1964: 12-13); Souto Cabo (2012c: 130).
III. Antoloxías: Cátedra de Lingüística e Literatura Galega (1980: 19 [rúbrica]); Tavares & Miranda (1987: 87-88); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 155); Diogo (1998: 267).
Rúbrica: algũa] alguna B
Texto:
2 dinheiros] dinheytꝯ B : din heyrus V 4 a cas] acas de BV 8 vegada] negada BV 10 sinal] smal B : final V 13 gracir-lho-ei] g̃zir lh\o/ey V 15 ca] En B; mi-o] mo V; forçado] forcado B 17 lho] lhey B 20 que lh’eu] filheu V
Rúbrica: e por én] por en Lopes, Littera, Arias Freixedo; mal dizer] maldizer Littera, Arias Freixedo
Texto:
2 dinheiros] dinheirus Pellegrini 4 a cas] a cas de Lapa, Pellegrini, Arias Freixedo 8 vegada] negada Pellegrini, Lopes, Littera 9 penhorada] penhorad’a Lapa 13 dé] dê Lopes, Littera 14 [e]] om. Lapa 16 e] om. Lapa, Pellegrini, Lopes, Littera 19-20 dobrado / o sinal] dobrad’o / sinal Lapa, Lopes, Littera
Tamén trobou a unha dona que tiña fama de non ser moi honrada; e el dixo que lle dera do seu diñeiro a condición de que ela fixese por el algunha cousa, aínda que ela non quixo facer nada por el; e por iso fixo estes cantares de mal dizer:
(I) A dona fermosa do Soveral recibiu de min uns diñeiros a condición de que viñese encontrarse comigo, sen falta, un día marcado na casa de don Corral; e cometeu perxuro, porque non fixo nada do acordado, e fixo mal negocio, pois desta vez pagará un peñor que dobre o sinal (que lle eu dera).
(II) Se ela me quixer crer, dareille o mellor consello, así o penso, que hoxe se me ocorre: déame o meu diñeiro e agradecereillo; e se mo non der hei de facer que se empeñe, pois tenmo forzado, afastado do corpo, e non llo tolerarei; mais pola miña vontade, hame de dar ben dobrado o diñeiro do sinal que eu lle dei.
Esquema métrico: 2 x 10a 10a 10a 10a 5’b 5’b 5a 5’b 5’b 5a (= RM 9:1)
Encontros vocálicos: 4 talhado‿a; 15 mi͜-o; 15-16 forçado/‿e; 19 -mi͜-a; 19-20 dobrado/‿o
Coa alusión a “estes cantares de mal dizer”, a rúbrica parece afectar tamén ás dúas cantigas seguintes (UC 1369 e 1370), que en Pellegrini, Lopes e Littera foron editadas como unha única composición. En calquera caso, as cantigas UC 1368, 1369 e 1370 constitúen un microciclo por volta da figura da dona do Soveral e do «burges» Don Corral.
Esta cantiga de Lopo Lias constitúe “[u]n altro esemplio molto interessante di coincidenza metrica” coa anónima pastorela oitánica A un ajornant por oir le chant, con esquema métrico coincidente; nótese, outrosí, a similitude entre a cantiga de Lopo Lias e a cantiga UC 150, atribuída a Martin Soarez e mais a Roi Gomez de Briteiros (cfr. Canettieri & Pulsoni 2003: 126-133).
Soveral, actualmente Sobral, talvez se refira a un lugar de Xeve, no concello de Pontevedra, moi próximo a Bagüín, no concello de Marín; tamén podería indicar o Sobral da parroquia de Xinzo (concello de Ponteareas).
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<dinheyrus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
O sintagma u non ouvess’al constitúe unha singular variación textual da frase formularia xeral u al non á, que presenta leves variacións de redacción, mais sempre coa forma verbal en presente (u non á al, non á i al, non á ja i al etc.). Véxase nota a 25.11.
Igual que no galego moderno, a forma apocopada de casa (cas) ten un valor preposicional na lírica trobadoresca: cas Dona Costança, 151.6; cas Don Corral, 1368.4, 1369.7; cas sa madre, 1554.18; cas Don Lopo, 1643.6; cas Don Xemeno, 1649.7 e 15); ao mesmo tempo, pode presentar forma de locución preposicional: (en) cas de (especialmente en cas de rei, cas d’el-rei, para alén de (en) cas de Don Corral, 1370.8, (a) cas d’un infançon, 1384.2, e (en) cas da Ifante, 1623.14).
Precisamente, esta alternancia de usos pode explicar a intromisión da preposición de neste verso (cfr. 1369.7), que provocaría unha evidente hipermetría.
Non temos elementos que permitan identificar o burges Don Corral (cfr. 1370.8). Véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Luzia, Dona.
Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito (crever, futuro de subxuntivo) sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 460.18, 470.13, 534.7, 832.2, 1050.14 e 20, 1257.10, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).
Cuido-m’eu (~ coido-m’eu) constitúe unha frase formularia aseverativa que é utilizada con bastante frecuencia no corpus (36.10, 114.18, 115.17, 219.4, 1019.18, 1611.19 e 1626.5), converténdose así nunha alternativa a expresións como a meu cuidar, segundo meu sén etc.
Nótese, máis unha vez, a variación mi-o / mo en B e V, respectivamente, que permitiría optar por unha ou outra variante, embora atribuamos prioridade a B. Cfr. nota a 984.14.
Nos vv. 16 e 20 son necesarias episinalefas para manter a isometría pentasilábica.