I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 215); Martínez Pereiro (1992: 97 [= LPGP 310-311]); Lopes (2002: 27); Littera (2016: I, 345-346).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 322); Braga (1878: 177); Machado & Machado (1958: VI, 69); Callón (2017: II, 53).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 140); Diogo (1998: 23).
5 vẽes] uees B 12 medes] medeR B
3 que sen pan t’iras] que t’en partiras Lapa 5 vẽes] veens Lopes, Littera 9 Sac[o], e non cho daran] saqu’ é [e] non cho daran Lapa, Martínez Pereiro : sa que nom cho daram Lopes : sa que [i] nom cho daram Littera
(I) Xograr Saco, eu comprendín, cando vin a túa medida, que te irás de aquí sen pan, porque pides unha desmesura; vaite tal como vés, pois ti mides por saco.
(II) É unha medida moi grande, sen dúbida, aínda que teñen moito, Saco, e non cho darán, porque pides unha desmesura; a onde fores hanche ter medo, pois ti mides por saco.
Esquema métrico: 2 x 7a 7a 7a 6’B 7a 6’B (= RM 13:70)
A rúbrica da cantiga UC 1352 alcanza tamén esta composición, que ten de novo o xograr Saco como albo do escarnio de Fernan Paez de Tamalancos.
Obviamente, a lectura lapiana do verso supón unha emenda do texto manuscrito a partir dun lapso interpretativo da lección de BV.
A necesaria reintegración de unha sílaba por cuestión de contaxe métrica aconsella reiterar Saco, seguido da copulativa (con valor adversativo), de modo que habería un Saco, alcume, no corpo estrófico, e un saco, no refrán. Esta opción contrasta coa edición de Lapa e Martínez Pereiro, defendíbel do punto de vista paleográfico, e sobre todo coas de Lopes e Littera, que invocan unha insólita e inexistente forma sa como imperativo de saber (sa que... ‘sabe que...’). En palabras de Lopes, “[a]s deformações mais ou menos paródicas das formas verbais surgem por diversas ocasiões no Cancioneiro satírico. Não sei se seria este o caso ou se existiria realmente esta forma do imperativo” (2002: 551). Na edición de Littera insístese na mesma idea, aludindo a un “imperativo comicamente distorcido”.
Na contracción cho participa o pronome che como CI, fronte ao CD te, procedente da palatalización por fonética sintáctica do lat. te (véxase Ferreiro 1999: §§104b, 155.2). Ao longo do corpus trobadoresco achamos casos diversos (Ferreiro 2012c), o mesmo que na prosa, con perto de 150 ocorrencias da forma palatalizada en textos galegos no banco de datos do TMILG, s.v. che, chi, cho(s), cha; en textos escritos en Portugal só se pode localizar na contracción cho/-a nuns poucos contextos, que se concentran na Demanda do Santo Graal (véxase CGPA, s.v.).