(I) Xograr Saco, eu comprendín, cando vin a túa medida, que te irás de aquí sen pan, porque pides unha desmesura; vaite tal como vés, pois ti mides por saco.
(II) É unha medida moi grande, sen dúbida, aínda que teñen moito, Saco, e non cho darán, porque pides unha desmesura; a onde fores hanche ter medo, pois ti mides por saco.