Esta cantiga foi feita a ũu vilão rico que avia nome Roi Fafez e feze-o el-rei Don Afonso, filho d’el-rei Don Denis, cavaleiro, a rogo de Mig[u]el Vivas, eleito de Viseu, seu privado, porque casou con ũa sa sobrinha, e era calvo; e el empero fez ũu caparon grande de marvi con pena veira e con alfreses, aberto per dean[te], e anchava-se pelas costas, pelos omb[r]os todo arredor, e dobrava-o en cima da calva pera lhe parecer a pena veira.
En B Colocci copiou no final da cantiga a rúbrica unicamente até <grāde de>.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 194-195 [= LPGP 256]); Pagani (1971: 151-152); Lagares (2000: 141 [rúbrica]); Lopes (2002: 516); Littera (2016: I, 275).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 316-317); Braga (1878: 174); Machado & Machado (1958: VI, 49-50).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 322); Alvar & Beltrán (1989: 398); Marcenaro (2006: 340-342); Gutiérrez (2023: 299).
Rúbrica: cantiga] .ca. B; feita] fec̄a V; vilão] Vilaa B : uilaao V; avia] auiā V; Roi] rey V; e] et B; el-] ol V; Afonso] Aº B : ao V; privado] p̃ **do V; sa] (ca)sa B; era] er(r)a V; empero] cḡo B; fez] ffei V; caparon] carirrat B : car(r)errōc V; marvi] ḡci V; marvi ... parecer a pena veira] om. B; veira] nerra V; aberto per dean[te]] aberio ꝑdeam̄ V; omb[r]os] onhos V; arredor] arredar V; dobrava] de braua V; cima] erma V; pena veira] per auerra V
Texto:
1 caparon] coracon B 2 vos] uos BV 4 alfaiat’ou] Alfayacon B : alfaycrou V; peliteiro] peleyteyro B 5 dized’] dired B; cavaleiro] Caꝉualron B : caualrō V 6 cal] qual B : q̅l V 7 vos] uos BV; conven] ꝯue V 8 tragaes] tragaaes B : tragaas V 9 i] om. B; dos] ds V; dous] dar V; mesteiraes] meesteyraees B : meesteyraaes V 11 cavaleiro] Caualeyra BV 12 tan] cā B : ca V 13 Do] Oc B : O o V 14 caparon] coparom V 15 dad’] de d V; recado] precado B 17 certo] cepto B : çerco V
Rubrica: ũu] un Lapa : hun Pagani : um Lopes, Littera; vilão] vilao Pagani; e feze-o] et feze-o Pagani; ũa] huna Pagani; caparon] capeiron Lapa, Pagani, Lagares : capeirom Lopes, Littera; pelos] e pelos Lapa, Lopes, Littera; dobrava-o] debruou-o Lapa : debruava-o Pagani : levava-o Lopes, Littera; pera lhe parecer a pena veira] con penaveira Lapa
Texto:
En Lopes e Littera o v. 6 de cada estrofa é refrán.
6 cal] qual Lapa, Pagani 8 tragaes] tragais Lopes 9 mesteiraes] mesteirais Lopes 12 cal] qual Lapa, Pagani 14 caparon] caperom Lopes, Littera 15 mi] me Lapa 16 encuberto] encoberto Lapa, Lopes, Littera
(I) O capuz do manto de la listada que vos cobre ben a testa con tan nobre peliza, dicide agora, cabaleiro: alfaiate ou peleteiro, cal volo dispuxo así?
(II) Tal capuz vos convén traer con tal peliza; mais sobre iso, deses dous oficiais artesáns dicídeme o que vos digo, cabaleiro, amigo meu: cal volo dispuxo tan ben?
(III) Do que deles mellor sabe de facer un capuz con peliza dádeme agora noticia, e non sexa ocultado o por que vós o sabedes: cal volo dispuxo mellor?
Esta cantiga foi feita a un plebeo rico chamado Roi Fáfez, e o rei Don Afonso, fillo do rei Don Denis, fíxoo cabaleiro, por rogo de Miguel Vivas, bispo electo de Viseu e privado seu, porque casou cunha sobriña súa, e era calvo; e porén el fixo un capuz grande de marví cun ribete de peliza de varios tons e con ornamentos dourados, aberto por diante; e ancheábase polas costas, polos ombros todo arredor, e dobrábao por encima da calva para que se lle vise a peliza.
Esquema métrico: 3 x 7a 7’b 7’b 7’c 7’c 7a (= RM 189:36)
A rúbrica indica que a cantiga constitúe unha sátira do personaxe citado nela, Roi Fafez, moi probabelmente, conforme se expón no Projeto Littera (s.v. Rui Fafes), un cabaleiro vilán que casou con Maria Anes, sobriña do bispo Miguel Vivas. Roi Fafez “foi alcaide de Braga (1324), estando documentado, a partir de 1332, como cavaleiro vassalo de D. Afonso IV, de quem foi ouvidor e desembargador a partir de 1334. Entre 1339 e 1340, foi ainda alcaide de Lisboa, a par do seu irmão, Martim Fafes, que, intermitentemente, desempenhará o cargo até 1344. Posteriormente foi comendador do Mosteiro de Santos da Ordem de Santiago (entre 1343 e 1347)”.
D. Afonso IV (1291-1357), fillo de D. Denis e D. Isabel, foi o sétimo rei de Portugal, con D. Pedro I como sucesor.
Por súa vez, a composición é tamén unha crítica contra Miguel Vivas, bispo eleito de Viseu, que tamén é obxecto doutra sátira de Estevan da Guarda (UC 1327), ben como é citado directamente na rúbrica de UC 1447 (D. Pedro de Portugal) e de UC 1471 (Joan de Gaia). O confesor da raíña D. Isabel e “privado” de D. Afonso IV foi unha moi importante figura na corte de D. Afonso IV, fillo de D. Denis: “Occupa il ruolo di vedor da chancelaria o cancelliere del monarca fra 1325 e 1338, assieme a differenti benefici ripartiti in varie diocesi” (cfr. Marcenaro & González 2024: s.v. Miguel Vivas). En 1329 ou 1330 converteuse en bispo eleito (ou enleito) de Viseu, mais semella que nunca foi confirmado como tal polo Papa (véxase Projeto Littera, s.v. Miguel Vivas). Véxase tamén BITAGAP (bioid 1994) e Jabares Fernández (2022).
Os alfreses son “[p]eças ou enfeites de vestuário. Panos ricos para ornamentações”, conforme Morais, ou “cinturões mais largos e apreciados (como também galões e franjas). Faziam-se de bons panos estrangeiros, com adornos a ouro ou a prata”, en palabras de A. H. Oliveira Marques (apud Santos & Saraiva 1997-1998:116)1
.
Alfres atéstase nas Cantigas de Santa Maria:
Que con esta mia criada cuidas casar, pero me pes,
que ja ssé eno taamo, toda ben coberta d’alffres (CSM 125.94).
Nótese como a voz vilão, como outras voces terminadas en -ão e en -ao (nomeadamente mao, véxase nota a 485.20), presenta nos apógrafos italianos a forma gráfica <aāo> ou <āao> (con ou sen lineta), con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos, presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media. De feito, ao longo do corpus das cantigas, <-aão>, con algunhas variantes e/ou lapsos de copia, rexístrase en alão (1450.2), mão (382.21, 461.26, 1314.8, 1387.5), cristão (1119.21), Foão (1338.1), irmão (1118.18), temporão (1471.13), verão (1624.5) vilão (115.30, 1592.5).
Por outra banda, o inédito verbo anchar, sen dúbida procedente do lat. ampliare ou derivado directamente de ancho (< amplum), é citado na Prosodia (1697) de Bento Pereira, na definición de tendo, is...: “Estender, abrir, desenrolar, anchar...” (véxase CLP, s.v. anchar).
O caparon (ou capeiron, véxase a rúbrica) de marvi é un capuz feito cun tecido de lá decorado con vetas de cor similares ás do mármore (véxase Vallín 2019: 660). É voz de moi escaso uso na lingua medieval; con todo, localizamos a variante capeiron, a forma utilizada na rúbrica, nas Cantigas de Santa Maria:
E porend’o capeyron lle deitaron
sobelos ollos, porque ben cuidaron
que era mort’, ... (CSM 54.45).
O capeiron aparece tamén citado nas Primeira Partida afonsina:
ou uistĩdo o escapelayro a carõ da c(ar)ne feyto come balandrao auẽdo hũa faldra deant(e) e outra detras e cõ capeyrõ ou sem elle ou outra uistidura uil de pano da color q(ue) ssemelhe bẽ peendẽça (cfr. CGPA, s.v., ed. de J. de Azevedo Ferreira).
Só achamos caparon, a forma utilizada no corpo da cantiga no Livro de Falcoaria de Pero Menino:
e derriba o falcão e toma hũa pena de gualinha e molha[a] en aquelle sumo e lançalhe delle en aquelle olho e tẽ o falcão derribado, até que vejas que o çumo consuma todo dentro e as[s]yn poenlhe o caparão e põe ao caparão hũ contrapezo e poeno leguado na cor[r]ea do caparão e seja por tal figura que o falcão se nõ cosse no olho e seja posto en casa escura (Lapa 1933: 63-64).
Oliveira Marques, n'A sociedade Medieval Portuguesa esclarece oportunamente a forma e a evolución do capeirón na período medieval: «Nos meados do século de Trezentos, o capeirão ou copeirote (fr. «chaperon») servía normalmente para cobrir os cabelos. Por capeirão entendia-se um capuz de ponta comprida, que apenas deixava a descoberto a face; para baixo, o capeirão prolongava-se em pequenina capa que atingia as espáduas. A evolução do capeirote constitui um dos mais fantásticos casos de moda medieval. Iniciou-se pelo prolongamento desmesurado da ponta do capuz, que os elegantes já mostravam em pleno século XIII. Entrada a era de Trezentos, surgiu também a moda de adaptar à cabeça a abertura do capuz, originàriamente destinada à cara. Nestes termos, a górgea ou capelo, que antes cobria o pescoço e os ombros, passava a pender para um dos lados da cabeça, enquanto a longa ponta do capuz tombava para o outro. Imprimindo ao capeirote uma rotação de 90º, tombava a górgea para a frente, em forma de crista de galo, e a ponta para as costas. Nestas três posições se usou o capeirote ao longo dos séculos XIV e XV, conquanto as duas primeiras fossem as mais comuns. Todavia, durante muito tempo se podiam ver os elegantes com esta estranha maneira de colocar o capuz e, ao mesmo tempo, as gentes mais sensatas usando-o na posição normal» (apud Pagani 1971: 153).
O galicismo marvi (do fr. med. marbri, do lat. marmor ‘mármore’) designa un tecido de la decorado con vetas de cor similares ás do mármore (véxase Vallín 2019: 660). Aparece baixo a forma marvir nun documento galego de 1348:
Item mando a Maria Affonsso minna sobrina o meu pellote de marvir e dez moyos de çenteo (apud Rodríguez Parada 2019: 457).
As penas veiras aluden a unhas peles de cores variadas (cfr. lat. pēnnam uarĭam > pena veira), en xeral valiosas, que eran fundamentalmente empregadas nos forros dos mantos (véxase Vallín 2019: 657-661).
Alfaiate é a voz de orixe árabe unanimemente utilizada na Idade Media: só no século XV comeza a aparecer sastre ~ xastre en documentos galegos, sen dúbida un castelanismo introducido tardiamente, nos inicios da colonización da Galiza.
Canto a peliteiro, forma disimilada de peleteiro, é a forma xeral na Idade Media, e volve aparecer nunha cantiga de Martin Soarez (1375.11).
A lectura e interpretación do para-refrán da cantiga debe ser feita a partir das indicacións da rúbrica, que apunta ao xogo con calvo. Tal feito lévanos a considerar que a lección do inicio do v. 6, co aparecemento do interrogativo qual (<qual> B, <q̅l> V), ten de ser produto dunha ‘regularización’ ou ‘lusitanización’ dos copistas na transcrición da cantiga. É por isto que emendamos tal forma para estabelecer o que nos vv. 12 e 18 transparece: a variante cal do relativo-interrogativo, forma que, sendo minoritaria, se rexistra en diversos textos medievais, xuntamente con outras do tipo cando, canto... (véxase nota a 866.7) que marcan unha dirección evolutiva para a desaparición do elemento labiovelar no grupo inicial qu-, que se fixo maioritario no galego moderno.
Deste xeito, non é forma isolada no corpus poético trobadoresco, pois nas cantigas xa se atesta a minoritaria forma cando (vs. quando) en Airas Nunez, Estevan Perez Froian e Afonso Fernandez Cubel:
Cand’eu passo per algũas ribeiras,
so bõas arvores, per bõos prados (866.7)
ca por vós perco Deus e sis’e sén
cando vos vejo dos olhos catar
atan muit’aposto que non á par (926.7)
e eu servi-l’-ei cando for mester (1621.23)
Alén da lírica profana, no Corpus do Galego-Portugués Antigo aparecen múltiplas pasaxes en que se rexistra o uso de cando ~ qando, canto ~ qanto, caes (non aparecen rexistros de cal), e o exclamativo cã. Porén, e limitándomonos a cal, véxase a seguinte pasaxe da Vida e Feitos de Júlio César:
mais, quando el tiinha seus imiigos perto de si, entom os tiinha acerca de si e costrangia-os de guisa que lhes nom dissesse cal obra era (Mateus 2010: II, 383).
A forma tragaes é certamente singular nas cantigas trobadorescas galego-portuguesas por canto supón a presenza dunha forma de P5 verbal con caída de -d-, feito fono-morfolóxico que só aparece moi nos finais do século XIV e se consolida ao longo do século XV nos textos escritos en Portugal. No entanto, a súa lexitimidade ecdótica non presenta dúbidas, pola rima con mesteiraes.
Nótese como tragaes en B e mesteiraes en BV presenta duplicación vocálica antietimolóxica (<tragaaes>, <mesteiraaes>), igual que <desiguaaes> e <ataaes> en 1193.9, e dun modo similar ao que acontece con voces coa terminación -ao (<maao> mao etc.) e -ão en certas pasaxes. Cfr. nota a 115.30 e 485.20.
O participio empenado supón a existencia dun verbo empenar, creación romance a partir de pena: en- + pena + -ar (véxase Ferreiro 2001: §515b). De calquera modo, o participio empenado era utilizado especialmente para aludir ás frechas cunha pena (cfr. CGPA):
Et tragía a sseu lado hũ coldre duro, en que tragía saetas enpenadas de pẽnas de hũas aues a que chamã aliriões (...) Et a[s] saetas muy fortes et moyto agudas et bẽ enpenadas (Crónica Troiana, ed. R. Lorenzo).
et lançáualles dardos enpenados de aceiro agudos cõ que mataua moitos caualeiros que non se lle podian defender por nengũa maneira (Historia Troiana; Pichel Gotérrez 2014: 1623).
e outrossi con beestas de torno e doutras [muitas] guisas e con dardos empenados e con todallas outras cousas con que lhe dano fazer podiam (Crónica Geral d’Espanha de 1344, ed. Cintra).
dos frecheiros vos diguo que tinhão os arcos prateados de ouro e de prata, e outros tão luzentes e limpas suas frechas, e tambem empenadas que mays não pode ser, nas cyntas suas adagas (Chronica dos Reis de Bisnaga).
A este respecto, no contexto da cantiga empenado non é ‘adornado con penas ou plumas’ senón ‘guarnecido con peles’ (cfr. as penas veiras), tal como se deduce dun documento de 1257, onde se alude a unha garnacha empenada con peles de coello:
et scerame de verde et garnacha enpenada de coenlos de tres jn tres anos, et saya de broneta. et pelle cordeyra de dous in dous anos (cfr. CGPA, ed. Martínez Salazar).
En Littera son definidos como “franjas ou borlas douradas ou prateadas”.